Por motivo da celebración da «Festa da Istoria» acórdase o peche ao público da instalación Piscina Municipal A Veronza, os días 31 de Agosto e 1 de Setembro.
Voltando a abrir o luns 2 de Setembro.
Por motivo da celebración da «Festa da Istoria» acórdase o peche ao público da instalación Piscina Municipal A Veronza, os días 31 de Agosto e 1 de Setembro.
Voltando a abrir o luns 2 de Setembro.
Os vindeiros días 6, 7 e 8 de Setembro celebraráse nas pistas de tenis do Complexo Deportivo O Xestal o Torneo de Tenis «Festas do Portal».
O derradeiro día de inscrición será o 29 de Agosto a través do email tenisribadavia@gmail.com, incluíndo datos e teléfono de contacto.
Máis de vinte nen@s participaron na xornada de promoción do VOLEIBOL que se levou a cabo o pasado 24 de xullo nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, pola Federación Galega desta disciplina, incluída no programa de fomento do deporte 2024 promovido pola Deputación de Ourense en colaboración cas respectivas federacións.
A actividade que deu comezo ás 11:00 ata as 12:30 horas, estivo dirixida por técnicos da federación de Voleibol, e tivo un contido lúdico para dar a coñecer este deporte.


O padexeiro ribadaviense David Davila Rodríguez, con ficha no Club de Mar Ría de Aldán – GANDÓN S.A., ven de participar no Campionato de España de Xoves Promesas (infantil e cadete) que se disputou esta fin de semana en Verducido (Pontevedra).
Participou en tres probas acadando un sexto posto en C1, a cuarta praza en C2 co seu compañeiro Manu e o primeiro posto, e campións de España, en C2 mixto coa súa compañeira Cristina.
Parabéns David Davila.
A selección española Junior de balonmán que levou a cabo parte da súa preparación para o Campionato de Europa de Eslovenia no mes de Marzo en Ribadavia, inagurando o novo pavimento do CDM O Consello e disputando o Torneo Internacional contra a Selección Absoluta de Estados Unidos, ven de proclamarse campiona de Europa ao vencer na final a Portugal, logo de superar no campionato aos combinados de Francia, Suiza, Islas Feroe, Austria, Islandia e Dinamarca.
Parabéns aos Hispanos Junior.







O venres 12 de xullo, rematou o CAMPUS DE FÚTBOL ca presenza do Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera, promovido pola entidade RibadaviaAtl..
Actividade que se levou a cabo nas instalacións muncipais do Complexo Deportivo O Xestal. A mesma estivo divida en dúas semanas nas que participaron 25 nen@s na primeira semana e 23 nen@s na segunda.



O luns, 1 de Agosto, darán comezo os grupos de Agosto do CURSO DE NATACIÓN 2024.
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:

Dentro do Programa de Fomento do Deporte 2024 da Deputación de Ourense en colaboración cas respectivas federacións vaise a celebrar en Ribadavia o mércores 24 de Xullo, nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, en horario de 10:30 a 13:30 horas, unha Xornada de Promoción na modalidade de VOLEIBOL.
A actividade é de balde. Os interesados deben inscribirse a través do código QR que aparece no cartel.

Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro o 5 de Xullo continúan as «Quedadas de BTT», esta vez coa «KEDADA NOCTURA».
O percorrido con saída en «A Veronza» será coa Ruta polo Coto, cunha dificultade «media» e moi importante levar lanterna.
Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com
Nas instalacións do encoro de Pontillón do Castro en Verducido disputánronse, esta fin de semana, as probas do Campionato Galego Sprint 2024.
Disputaronse en dito embalse todas as probas pertencentes ao Campionato Galego Sprint 2024 para a categoría infantil.
Salientar que na categoría C1 infantil a victoria foi para David Davila con ficha no C.D.M. Ria de Aldán, piragüista formado en Ribadavia.