O vindeiro venres 21 de Febreiro as 17:30 horas (nenos e nenas) e o luns 24 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) celebraráse o Entroido bailando.
Traede os vosos disfraces…!!!
O vindeiro venres 21 de Febreiro as 17:30 horas (nenos e nenas) e o luns 24 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) celebraráse o Entroido bailando.
Traede os vosos disfraces…!!!
Foron executadas melloras nos vestiarios dos deportistas e árbitros: Actuación consistente na sustitución de grifos existentes nas duchas por pulsadores (según recomendación para vestiarios deportistas). Mellora que foi executada polo persoal do Concello con cargos aos fondos propios.



Dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 25 de Febreiro nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.
As dúas xornadas celebraranse os días 11 e 13 de Febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 horas.
Nesta ligazón atoparás o Regulamento.
Nas instalacións do pavillón municipal Maquiáns, celebrouse o pasado 21 e 23 de abril o Bádminton comarcal nas categorías alevín e benxamín, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia/Consello Municipal de Deportes.
Nesta ligazón atoparás a Clasificación

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 24/25, organiza o 21 de xaneiro do 2025 (Categoría Alevín) e o 23 de xaneiro do 2025 (Categoría Benxamín) a fase comarcal na modalidade bádminton, que se vai a celebrar no Pavillón Municipal Maquiáns nas categorías benxamín e alevín, na que van a tomar parte os seguintes centros de ensino cun total de 124 participantes en categoría alevín e 80 en categoría benxamín.
| CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO |
| CEIP SAN SALVADOR DE ARNOIA |
| CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA |
| CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA |
| CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA |
A actividade dará comezo ás 10:30 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.
O 13 de xaneiro, voltamos ca actividade recreos activos-patios dinámicos nos centros CPI Ribadavia e CRA Amencer. Como novidade para este trimestre, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, os venres estará no CPI unha monitora desta modalidade, dando a coñecer esta disciplina, e máis en concreto, o pickleball, modalidade adaptada que combina elementos do tenis, pádel, badminton e tenis de mesa.
Ademais dentro do programa, todos os días de luns a venres coincidindo co horario de recreo, continúan os técnicos aportados polos clubes nas modalidades de balonmán, karate e baile moderno.

O 1 de febreiro iniciamos en Ribadavia as Clases de Baile que impartirá o instrutor federado Juan Fernández.
Os sábados, no Centro Deportivo Municipal «O Consello»:
🔸16:00 – Bailes de Verbena (maiores de 50 anos)
🔸17:00 – Bachata Iniciación (maiores de 16 anos)
🔸18:00 – Salsa Iniciación (maiores de 16 anos)
🔸19:00 – Salsa e Bachata (nivel intermedio)
Prezos:
1️⃣ curso – 25€/mes
2️⃣ cursos – 45€/mes
3️⃣ cursos – 55€/mes
Inscricións:
-Concello de Ribadavia
-Pavillón Municipal O Consello
-667295336 (whatsapp)
Hoxe nas instalación do C.D.M. O Consello , ca presenza do Conselleiro de Presidencia . D. Diego Calvo Pouso, a directora xeral de administración local Dna. Natalia Prieto Viso , a directora territorial de Ourense Dna.Beatriz Fernandez Fernandez o alcalde de Ribadavia e membros da Corporación, a presentación do proxecto de reforma da planta Baixa de mencionada instalación
O proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia e a Excma. Deputación de Ourense con un importe de licitación que ascende a 1.287.275, 25 euros que deberá estar licitado no primeiro trimestre do 2025 , tendo un prazo de execución de 7 meses .
O contido do proxecto presentado polo director do Servizo Municipal de Deportes D. José Manuel Pérez Otero vai a consistir en dotar ao centro deportivo das seguintes dependencias :




