INFORMACIÓN NADAL 2023

♦ PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DIRIXIDAS: As clases dirixidas así como o servizo de Adestrador Persoal suspéndense dende o 23 de Decembro ata o 7 de Xaneiro (ambos inclusive).

♦ PECHE DA INSTALACIÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Esta instalación permanecerá pechada ao público os días 23, 24, 25, 30 e 31 de Decembro do 2023, e o 1, 5, 6 e 7 de Xaneiro do 2024.

PREMIO XOGADE  AO CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA

Parabéns polo galardón acadado na XXII GALA +DEPORTE LA REGIÓN polo centro de ensino CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA.

O premio ben a recoñecer ao centro e en especial ao Departamento de Educación Fisica, polo traballo na promoción da actividade física saúdable dirixida aos alumnos do centro de ensino.

Dunha banda, pola participación nas competicións e actividades incluídas no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte que se desenvolven e coordinan dende a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro.

Doutra banda, pola posta en marcha dende o curso 22/23 dos RECREOS ACTIVOS-PATIOS DINÁMICOS incluídos dentro do programa INNOVA, asemade pola implementación da PLATAFORMA DAFIS (AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA PARA A SAÚDE) incluídos no plan PROXECTA da Conselleria de Educación.

Os dous últimos coordinados dende o PLAN RIBADAVIA ACTIVA  do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia.

 

FINAL PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

Organizado polo Servizo Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Escolar O Ribeiro, ca colaboura do Concello de Ribadavia o sábado 16 de Decembro no CIRCUITO A VERONZA do COMPLEXO MUNICIPAL O XESTAL vaise celebrar o Cpto. Provincial Escolar na modalidade de campo a través clasificatorio para o Cpto. Galego que terá lugar tamén nas instalacións de A VERONZA o vindeiro 13 de Xaneiro do 2024.

No Cpto. Provincial tomarán parte os clasificados nas fases comarcais das oito zonas en que se atopa divida a provincia de Ourense participando nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.

Ligazón do Regulamento

8ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

DATA: DOMINGO 3 DE DECEMBRO DO 2023
HORARIOS POR CATEGORÍAS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PERCORRIDO (CIRCUITOS)

CATEGORÍAS ABSOLUTAS:

CIRCUITO A: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa Progreso, Rúa Ribeiro, Cruce Serralleiro, Baixada ao Xestal, Camiño San Cristovo (Baixo Autovía), Área Recreativa A Veronza (Carril bici), Rúa Veronza, Camiño do río/Rúa Extramuros (senda peonil Avia/Miño), Rúa da Aldea (subida a Francelos), Rúa das Laxas, Camiño Ramal, Estrada Filgueira, Estrada Francelos, Rúa San Lázaro, Rúa Progreso, Rúa Extramuros, Portanova, Portanova de Abaixo, Praza da Magdalena, Praza Buján, Rúa Merelles Caula, PrazaMaior.

CATEGORÍAS BASE:

CIRCUITO B: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa Progreso, Rúa Extramuros, Portanova, Rúa Porta Nova de Abaixo, Praza da Magdalena, Praza Buján, Rúa Merelles Caula, Praza Maior.

CIRCUITO C: Rúa Alcalde Meruendano, Rúa García Penedo, Praza Maior.

O circuito semiurbano foi de aproximadamente 10 Km para as categorías absolutas sendo a saída da proba absoluta as 11:00 horas con chegada na Praza Maior. Ás 12:15 pechouse o control de chegada para atletas da categoría absoluta.
As categorías: Sub16, Sub14 e Sub12 disputáronse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputáronse a partir das 11:05 horas mentras se disputa a categoría absoluta.
As categorías Sub 08 e Biberóns tomaron a saída ás 12:20 e 12:25 horas respectivamente sobre as distancias establecidas no CIRCUITO C.
Todo os atletas dispuxeron de vestiarios no Centro Deportivo Municipal O Consello dende as 9:00 horas.
A entrega de premios foi na Praza Maior ás 13:00 horas.
A proba foi organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes ca coordinación e control da Federación Galega de Atletismo.

ATLETAS PARTICIPANTES POR CATEGORÍAS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORGANIZADA:

CONCELLO DE RIBADAVIA / CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES

COORDINACIÓN TÉCNICA:

FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

COLABORARON:

  • DEPUTACIÓN OURENSE
  • CONSELLO REGULADOR
  • PROTECCIÓN CIVIL RIBADAVIA
  • CICLISTA RAIDERS DO RIBEIRO
  • CICLISTA DO RIBEIRO
  • VOLUNTARIOS
  • VIÑA DOCAMPO

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN, pinchar nesta ligazón.

8ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

DATA: DOMINGO 3 DE DECEMBRO DO 2023
HORARIOS POR CATEGORÍAS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PERCORRIDO (CIRCUITOS)

CATEGORÍAS ABSOLUTAS:

CIRCUITO A: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa Progreso, Rúa Ribeiro, Cruce Serralleiro, Baixada ao Xestal, Camiño San Cristovo (Baixo Autovía), Área Recreativa A Veronza (Carril bici), Rúa Veronza, Camiño do río/Rúa Extramuros (senda peonil Avia/Miño), Rúa da Aldea (subida a Francelos), Rúa das Laxas, Camiño Ramal, Estrada Filgueira, Estrada Francelos, Rúa San Lázaro, Rúa Progreso, Rúa Extramuros, Portanova, Portanova de Abaixo, Praza da Magdalena, Praza Buján, Rúa Merelles Caula, PrazaMaior.

CATEGORÍAS BASE:

CIRCUITO B: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa Progreso, Rúa Extramuros, Portanova, Rúa Porta Nova de Abaixo, Praza da Magdalena, Praza Buján, Rúa Merelles Caula, Praza Maior.

CIRCUITO C: Rúa Alcalde Meruendano, Rúa García Penedo, Praza Maior.

O circuito semiurbano de aproximadamente 10 Km para as categorías absolutas sendo a saída da proba absoluta as 11:00 horas con chegada na Praza Maior. Ás 12:15 pecharase o control de chegada para atletas da categoría absoluta.
As categorías: Sub16, Sub14 e Sub12 disputarán sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partir das 11:05 horas mentras se disputa a categoría absoluta.
As categorías Sub 08 e Biberóns tomarán a saída as 12:20 e 12:25 horas respectivamente sobre as distancias establecidas no CIRCUITO C.
Todo os atletas disporán de vestiarios no Centro Deportivo Municipal O Consello dende as 9:00 horas.
A entrega de premios será na Praza Maior ás 13:00 horas.
A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes ca coordinación e control da Federación Galega de Atletismo.

GALA DE NADAL

A «GALA DE NADAL» celebrarase o sábado 16 de Decembro ás 18:30 horas na pista central do Pavillón O Consello.

Gala onde se realizarán as actuacións dos nenos e nenas que asisten á actividade de Baile Moderno, e tamén bailarán os usuarios que acuden ás clases de Zumba.

FINAL COMARCAL ESCOLAR O RIBEIRO

FINAL COMARCAL ESCOLAR O RIBEIRO – 16/11/2023

CIRCUITO A VERONZA/COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL – RIBADAVIA

Os Centros participantes na Final Comarcal Escolar O Ribeiro foron; IES O RIBEIRO, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CRA AMENCER, CEIP CENLLE, CEIP CARBALLEDA DE AVIA, CEIP AVIÓN, CEIP LEIRO, CEIP ARNOIA, CEIP CORTEGADA e CEIP QUINS, con un número total de 365 nenos e nenas.

Clasifícanse para o Campionato Provincial, que se celebrará o 16 de Decembro.

 

Nesta ligazón pódese consultar a Clasificación.

EQUIPAMENTO E MATERIAL INVENTARIABLE INCORPORADO AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES

Despois da licitación adxudicada a PUNTO DEPORTE ASESORES, SL., tras presentar a mellor oferta por un importe de 16.456 € (IVA incluído), o material inventariable xa foi recibido e instalado conforme as condición estipuladas no prego de prescriccións técnicas. O destino do material foi o Centro Deportivo Municipal O Consello según proxecto presentado acollléndose á convocatoria de axudas da Secretaria Xeral para o Deporte convocado no DOGA do 27 de Marzo de 2023.

O proxecto presentado tiña como obxectivo, principalmente, satisfacer a demanda dos técnicos que prestan os servizos de actividades dirixidas, adestrador persoal e uso libre dos abonad@s na sala de musculación.

FINAL COMARCAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

CIRCUITO A VERONZA / COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 23/24, vaise celebrar o xoves 16 de novembro a Final Comarcal Escolar na que tomarán parte nen@s de todos os colexios da comarca.

As probas darán comenzó ás 10:30 h. ata as 12:10 h. Participando nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Daranse cita no circuito a Veronza do Complexo O Xestal 300 nen@s, o Cpto. será clasificatorio para o Cpto. Provincial que se celebrará o 16 de Decembro tendo este ano tamén como sede o CIRCUITO A VERONZA do COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL.

 

 

8ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

Por razóns técnicas, acórdase mudar a data de celebración da 8ª edición da Carreira Pedestre para o día 3 de Decembro, ao fixar a semana pasada a Federación Galega de Atletismo a MEDIA MARATHON DE VILAGARCIA, proba incluída dentro do Campionato Xunta de Galicia de Marathón, que forma parte do calendario oficial da FG Galega de Atletismo, que restaría participantes a nosa proba de caracter popular.

Todos os inscritos a data de hoxe poden solicitar á Secretaría da FG de Atletismo a devolución do ingreso por dereitos de participación no caso de non atoparse interesados en participar na nova data.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com 

A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 30 de Novembro de 2023.