VOLTA Á ACTIVIDADE FÍSICA DO DEPORTE NON FEDERADO DOS CENTROS DEPORTIVOS

Despois da reanudación da práctica deportiva deportiva federada autonómica e a actividade físico-deportiva non federada individual en espazos ao aire libre, á espera da publicación no DOGA, volta a actividade non federada así como a apertura dos Centros Deportivos ao público en xeral.

 

Achegamos a oferta físico-deportiva municipal prevista dende o luns 1/Marzo/2021:

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS 2020/21

  1. CLASES PRESENCIAIS:

 

  1. CLASES ONLINE (YOUTUBE):

 

  1. SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL: BONOS DE 5 SESIÓNS SEMANAIS DE BALDE + ENTREVISTA PERSOAL/CONTROL E AVALIACIÓN DE OBXECTIVOS E NIVEL DA CONDICIÓN FÍSICA INICIAL.

 

  1. USO LIBRE DAS INSTALACIÓNS (ABOADOS, ALUGUEIRO… ETC.).

O CONGRESO DECLARA O DEPORTE «ACTIVIDADE ESENCIAL»

O Congreso dos Deputados declarou o deporte «actividade esencial», grazas ao acordo alcanzado entre os Grupos Socialista e Popular da Cámara Baixa.

 

O pasado mes de xaneiro, o Grupo Popular presentou unha Proposición Non de Lei (PNL) co fin de obter a declaración do deporte e a actividade física como «actividade esencial» tras a crise provocada polo coronavirus. No devandito documento, constátase que «a práctica regular da actividade e exercicio físico supón un beneficio enorme en todas as dimensións da nosa vida diaria, sendo os seus efectos sobre a saúde e o benestar físico e mental os máis atractivos, mesmo con niveis de práctica reducida». Así mesmo, subliña que «a promoción e a práctica da actividade deportiva e o exercicio físico pode diminuír o risco de infección, así como a probabilidade de hospitalización».

 

A emenda transaccional á PNL do Grupo Popular exposta a raíz do acordo co Grupo Socialista foi debatida na Comisión de Cultura e Deporte do Congreso dos Deputados, que a aprobou con 25 votos a favor e 12 abstencións.

 
Na seguinte ligazón podes atopar máis información
 
 

SUBVENCIÓNS A CLUBES E SOCIEDADES ANÓNIMAS DEPORTIVAS DA XUNTA DE GALICIA

No DOGA do 17 de Febreiro de 2021, foi publicada a Convocatoria de Subvencións a Clubes e Sociedades Anónimas Deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e  para implementación das medidas de seguridades a consecuencia da COVID-19. O prazo de presentación sera de un mes.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria recollida no DOGA 17/Febreiro/2021

 

 

Guía Simplificada das Medidas Preventivas fronte ao Covid-19 para o Deporte Galego

A Secretaría Xeral para o Deporte elabora unha Guía Simplificada das Medidas Preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego.

Ao final desta guía ven anexado un Modelo de Certificado para desprazamentos a adestramentos ou competicións de ámbito federado.

Na seguinte ligazón podes descargar a Guía Simplificada das Medidas Preventivas

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 15 de FEBREIRO de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Medidas que entraran en vigor as 00:00 horas do 17 de Febreiro de 2021.

  • A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA NON FEDERADA

So podera realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre , de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización da máscara.

  • A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA FEDERADA

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, e os deportistas participantes e demais persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e ás limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno nos casos en que exista causa xustificada.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seusadestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seusadestramentos desenvolveranse sen público de acordoco establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicosou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

CONVOCATORIA DE SUVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

Publicado no DOGA, do 5 de Febreiro de 2021, polo que a Secretaria Xeral para o Deporte ven de convocar as subvención para adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).

Poderán acceder a esta subvención os Clubes, Sociedades Anónimas Deportivas e Federacións Deportivas Galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Na seguinte ligazón podes ver o DOGA 5/Febreiro/2021

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Publicada no DOGA do 26/Xaneiro/2021 a ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas que serán de aplicación  en toda a comunidade autónoma de Galicia entraron en vigor as 00:00 horas do 27/Xaneiro/2021 ata o 17/Febreiro/2021.

 

Punto 3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

  1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  1. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.
  1. Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.
  1. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

3.15. Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

  1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
  1. Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
  1. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  1. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse sen público de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se celebren na Comunidade Autónoma de Galicia, serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas devanditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas devanditas competicións deberán realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas por ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

 

Punto 4. Medidas especiais para determinadas actividades.

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades, conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia:

  • Espectáculos Deportivos.
  • Actividades Deportivas.
  • Establecementos para actividades deportivas.
  • Estadios Deportivos.
  • Pavillóns deportivos.
  • Recintos deportivos.
  • Pistas de patinaxe.
  • Ximnasios.
  • Piscinas de competición.
  • Piscinas recreativas de uso colectivo.

Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito estatal, profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. En todo caso, queda prohibida a asistencia de público ás competicións e adestramentos, sen prexuízo do disposto no número 2 do artigo 15 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

Para calquera consulta poderán dirixirse ao Tlf. 988471549 (Horario de Mañá) – Email.:  smd@ribadavia.es

 

Na seguinte ligazón podes ver o DOGA 26/Xaneiro/2021

COMUNICADO PROVISIONAL PECHE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

IMPORTANTE

COMUNICADO PROVISIONAL agardando a publicación no DOGA dos acordos das novas restricións vencelladas á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 PÉCHANSE AO PÚBLICO AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DEPENDENTES DO CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES: CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO, PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS E COMPLEXO DEPORTIVO O XESTAL PARA A PRÁCTICA FÍSICO-DEPORTIVA DENDE AS 00:00 HORAS DO 27/XANEIRO/2021.

PERMANECERÁ ABERTO AO PÚBLICO PARA INFORMACIÓN E TRÁMITES ADMINISTRATIVOS AS OFICINAS DO SERVIZO MUNICIPAL DEPORTES UBICADAS NO CENRO DEPORTIVO O CONSELLO.

NOTA (excepción á restrición): O centro deportivo municipal O Consello abrirá exclusivamente para actividade de adestramentos e competición do equipo de NACIONAL da entidades ADC Ribeiro Balonmán.

Para calquera consulta poderán dirixirse ao Tfno. 988471549 (Horario de Mañá) – Email.: smd@ribadavia.es – www.deportesribadavia.es

 

Na seguinte ligazón podes ver o COMUNICADO PROVISIONAL PECHE IDM

 

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Publicado no DOGA do 19 de Xaneiro de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autonoma de Galicia. Todalas medidas recollidas entran en vigor as 00:00 horas do 20 de Xaneiro de 2021.

DEPORTE FEDERADO:

  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  • Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista… «de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4…», debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
  • A práctica da actividade física e deportiva ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de 4 persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Tamén facer constar que:

  • En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.
  • Entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.
  • Peche perimetral: soamente se permite a entrada e saída do Concello de Ribadavia por motivos sanitarios, laborais e/ou educativos.