ABERTO O PRAZO INSCRICIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Ábrese o prazo de inscrición d@s nen@s para as actividades infantís que comezarán en Outubro.

«Psicomotricidade» para nen@s entre os 3 e os 6 anos, os Mércores e Venres ás 17:30 horas.

Para efectuar a inscrición e máis información acudir ás oficinas do Pavillón «O Consello», ou descargar modelo e presentalo nas oficinas ou envialo a smd@ribadavia.es

 

Pinchar aquí para descargar Modelo Inscrición

 

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22

O luns día 13 bota a andar o novo curso 21/22 ca oferta de actividades físico-deportivas promovidas polo Consello Municipal de Deportes. Que constan de programa adultos, programa infantil, servizo de adestrador persoal e o uso libre das instalacións, iste ano como novidades ofertase os sábados en horario de mañá:

  • CIRCUITOS SAUDABLES : Actividade dirixida ao aire libre que se desenvolverán inicialmente na área recreativia A Veronza e no complexo Deportivo O Xestal.
  • ANDAINAS SAUDABLES : Con caracter mensual/quincenal, os circuitos saudables compleméntase cun programa de andainas saudables, alternando dúas propostas (incluídas no plan Galicia Saúdable) CIRCUITO I de intensidade moderada de 6,5 Km. Ribadavia – Francelos – Ribadavia; CIRCUITO II de intesidade lixeira de 4,5 Km.  Ribadavia – San Cristovo – Ribadavia.

Esta programación vai dirixida a todolos cidadans, e ten como obxectivo o incremento da actividade fisica entre a poboación en xeral tendo como finalidade principal a saúde .

 

Aquí poderás descargar o PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22

 

 

MIZUKAMI ESCOLA DE KARATE SHOTOKAN

Fai 18 anos, o maestro Juan Manuel Pazos Martínez, cuarto dan de KarateFEK, experto en Defensa Persoal, con case 50 anos de práctica e 30 como profesor, Ex-campéon galego, finalista de Cto. de España, Bronce no Cto. de España por equipos SKI… etc.

Fundou o Club Mizukami, incrito aos dous anos na Federación Galega de Karate. Dende entón ata hoxe fourmou e titulou a tod@s @s cinturóns negro, primero e segundo dan da comarca do Ribeiro. No plano deportivo son máis de 60 os podiums obtidos en campionatos provincial, autonómico, nacioanl e internacional, dende benxamín ata senior, en kata e kumite.

Durante o último ano, a pesar das medidas anticovid, conseguiron 5 podios autonómicos e 1 a nivel nacional (bronce en liga nacional, benxamín masculino), sendo o único club da provincia de Ourense con dito resultado.

Se queres informarte ou inscribirte no próximo Curso 21/22, faino directamente no teléfono 655512263, ou nas oficinas do Pavillón «O Consello» de Ribadavia.

 

HORARIOS:

  • KARATE TRADICIONAL E DEPORTIVO: LUNS, MÉRCORES E VENRES (De 15:00 a 22:00 horas, según idades). A partires dos 5 anos de idade.

INSTRUTORES:

-JUAN MANUEL PAZOS MARTÍNEZ (4º Dan Karate FEK).

-PORTAL CHAO DGUEZ. Diplomada en Psicoloxía. Ex-competidora. (2º Dan de Karate FEK).

-NOEL PAZO GLEZ. Ex-competidor Kata/Kumite. (2º Dan Karate FEK)

  • GOSHIN (DEFENSA PERSOAL): MARTES E XOVES (De 18:30 a 20:30 horas). Horario provisional. 

 

COMEZO DE TEMPADA 21/22; o 1 de Setembro.

 

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA NAS FESTAS DO PORTAL

O Concello de Ribadavia fai público o cartel das Festas do Portal 2021 que se celebrarán do 3 ao 9 de setembro.
Serán unhas festas marcadas polas medidas de prevención e os protocolos de seguridade anticovid.
Así, todos os concertos e actividades serán con aforo controlado e limitado.

 

Este ano as Festal do Portal terán unha importante programación deportiva coa involucración do tecido deportivo do municipio e a organización de torneos e trofeos de Balonmán, Baloncesto, Fútbol Sala Feminino, Tenis, Ximnasia Rítmica e Fútbol.

 

ESCOLA DE XIMNASIA RÍTMICA RIBADAVIA

Ábrese o prazo para matricularse na Escola de Ximnasia Rítmica, promovida polo Clube Ximnasia Pavillón. A actividade ten previsto dar comenzo no mes de Setembro os interesados deberán porse en contacto co responsable da actividade no Tlf. 606367070.
 
A través do enlace da web pédese descargar a ficha de inscrición e o documento informativo. https://www.cxpavillonourense.com/escola
 
Unha vez cuberta a ficha entregarase no Pavillón Municipal O Consello de Ribadavia.

CAMPAÑA DA FUNDACIÓN ESPAÑA ACTIVA CONTRA O SEDENTARISMO

A fundación España Activa ven de sacar un vídeo promocional contra a PANDEMIA SILENCIOSA do SEDENTARISMO agravada pola crise sanitaria do COVID 19 para promover a práctica da actividade fisica e paliar os graves problemas de saúde derivados da inactividade entre os cidadania.

O vídeo promocional intenta animar a cambiar os hábitos da sociedade hacia estilos de vida máis activos da cidadanía en xeral para tentar paliar datos tan alarmantes como que, en España o 54% da poboación ten problemas de sobrepeso, ou que, todos os anos máis de 56.000 mortes estan vencelladas co sedentarismo.

 

Para ver o vídeo, pincha neste enlace ou imaxe.

III TORNEO LIGA TENIS RIBADAVIA

Dará comenzo esta fin de semana a 3ª Liga de Tenis Ribadavia. Torneo organizado polo Club Tenis Ribadavia, que se levará a cabo nas instalacións das pistas de tenis do Complexo Deportivo O Xestal todos os venres e sábados ata o 27 de Agosto nos horarios de 19 a 22 horas.