Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Publicada no DOGA do 26/Xaneiro/2021 a ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas que serán de aplicación  en toda a comunidade autónoma de Galicia entraron en vigor as 00:00 horas do 27/Xaneiro/2021 ata o 17/Febreiro/2021.

 

Punto 3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

  1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  1. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.
  1. Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.
  1. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

3.15. Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

  1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
  1. Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
  1. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  1. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse sen público de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se celebren na Comunidade Autónoma de Galicia, serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas devanditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas devanditas competicións deberán realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas por ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

 

Punto 4. Medidas especiais para determinadas actividades.

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades, conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia:

  • Espectáculos Deportivos.
  • Actividades Deportivas.
  • Establecementos para actividades deportivas.
  • Estadios Deportivos.
  • Pavillóns deportivos.
  • Recintos deportivos.
  • Pistas de patinaxe.
  • Ximnasios.
  • Piscinas de competición.
  • Piscinas recreativas de uso colectivo.

Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito estatal, profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. En todo caso, queda prohibida a asistencia de público ás competicións e adestramentos, sen prexuízo do disposto no número 2 do artigo 15 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

Para calquera consulta poderán dirixirse ao Tlf. 988471549 (Horario de Mañá) – Email.:  smd@ribadavia.es

 

Na seguinte ligazón podes ver o DOGA 26/Xaneiro/2021

COMUNICADO PROVISIONAL PECHE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

IMPORTANTE

COMUNICADO PROVISIONAL agardando a publicación no DOGA dos acordos das novas restricións vencelladas á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 PÉCHANSE AO PÚBLICO AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DEPENDENTES DO CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES: CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO, PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS E COMPLEXO DEPORTIVO O XESTAL PARA A PRÁCTICA FÍSICO-DEPORTIVA DENDE AS 00:00 HORAS DO 27/XANEIRO/2021.

PERMANECERÁ ABERTO AO PÚBLICO PARA INFORMACIÓN E TRÁMITES ADMINISTRATIVOS AS OFICINAS DO SERVIZO MUNICIPAL DEPORTES UBICADAS NO CENRO DEPORTIVO O CONSELLO.

NOTA (excepción á restrición): O centro deportivo municipal O Consello abrirá exclusivamente para actividade de adestramentos e competición do equipo de NACIONAL da entidades ADC Ribeiro Balonmán.

Para calquera consulta poderán dirixirse ao Tfno. 988471549 (Horario de Mañá) – Email.: smd@ribadavia.es – www.deportesribadavia.es

 

Na seguinte ligazón podes ver o COMUNICADO PROVISIONAL PECHE IDM

 

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Publicado no DOGA do 19 de Xaneiro de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autonoma de Galicia. Todalas medidas recollidas entran en vigor as 00:00 horas do 20 de Xaneiro de 2021.

DEPORTE FEDERADO:

  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  • Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista… «de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4…», debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
  • A práctica da actividade física e deportiva ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de 4 persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Tamén facer constar que:

  • En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.
  • Entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.
  • Peche perimetral: soamente se permite a entrada e saída do Concello de Ribadavia por motivos sanitarios, laborais e/ou educativos.

CIRCULAR CLUBES / ENTIDADES USUARIAS DAS I.D. MUNICIPAIS

Ca entrada en vigor do Decreto 3/2021, do 13 de Xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de Decembro, do presidente de Xunta de Galicia, polo que se adoitan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real Decreto 826/2020, do 25 de Outubro, polo que se declara o Estado de Alarma par aconter a propagación de infeccións causadas polo SARSCov-2, na súa disposición cuarta .- Limitación da movilidade nocturna no periodo comprendido entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.

Na seguinte ligazón podes ver a CIRCULAR CLUBES / ENTIDADES

 

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 13 de Xaneiro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 4 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre, con aforo máximo do 33%

Tamén facer constar que entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.

RENOVACIÓN ABONADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES 2021

O 1 de febreiro do 2021 procederase a renovación dos abonados anuais ao Servizo Municipal de Deportes para o que terase en conta que a dedución proporcional que corresponda según o tipo de aboamento, motivado polo peche das instalacións a consecuencia do COVID 19 no 2020 (dende o 14 de marzo ata o 11 de maio) agás aqueles abonados que solicitaron a devolución según informe emitido pola intervención municipal do que se da conta na Xunta de Goberno do 1 de xuño de 2020 adoptando o acordo “… 2 – Taxas e prezos públicos… a devolución ao interesado do importe correspondente cando por causa non imputables ao suxeito pasivo, o servizo público…”.

OBRAS DE REFORMAS E ARRANXO DO MAQUIÁNS

Rematadas as obras de reforma e arranxo do Pavillón Municipal Maquiáns, adxudicadas a CONECGAL CONSTRUCCIONES Y SERVICIOS, executadas no mes de Decembro que afectaron a distintas dependencias da instalación deportiva dependente do Consello Municipal de Deportes: vestiarios deportistas, lavabos, almacéns do material deportivo e pasillo de acceso a vestiarios. As obras consistentes na reparación de alicatados, reposición de distintos elementos de carpintería, falsos teitos…etc, pintura e electricidade. Obra financiada por Concello de Ribadavia con cargo á partida asinada nos orzamentos do 2020 ao Consello Municipal de Deportes.









HORARIOS VACACIÓNS DE NADAL

As ACTIVIDADES PRESENCIAIS con monitor rematan o día 19 de decembro e comezan o día 11 de xaneiro.

PROGRAMACIÓN NADAL (clases ON LINE /CANAL YOU TUBE)

Luns 21 de decembro dende as 9:00 h. TONIFICACIÓN

Martes 22 de decembro dende as 9:00 h. PILATES

Luns 28 de decembro dende as 9:00 h. TONIFICACIÓN

Martes 29 de decembro dende as 9:00 h. PILATES

Luns 4 de xaneiro dende as 9:00 h. TONIFICACIÓN

Xoves 7 de xaneiro dende as 9:00 h. ZUMBA

Venres 8 de xaneiro dende as 9:00 h. MANTEMENTO

Por outra banda o horario de apertura do Polideportivo continúa sendo o mesmo a excepción dos días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro que permanecerá PECHADO.

As clases de ADESTRADOR PERSOAL continúan baixo demanda.

 

 

 

 

 

 

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 11 de Decembro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 6 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre, con aforo máximo do 33%.

NOVA PROGRAMACIÓN

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES:

DATA DE COMENZO : 7/DECEMBRO/2020 EN ADIANTE

SERVIZO (PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES)

• PROGRAMA CLASES DIRIXIDAS PRESENCIAIS DE LUNS A SÁBADO.

• CLASES ONLINE EN ABERTO :

  • LUNS : TONIFICACIÓN
  • MARTES : PILATES
  • XOVES : ZUMBA
  • VENRES: MANTEMENTO

• BONOS DE BALDE ( MÁXIMO 2 MESES ) PARA O SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVA :
Administración Consello Municipal de Deportes (Luns a Sábado 8:00 a 14:00 h.)
Directamente técnicos Mouxión.