Convocatoria do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes

O Alcalde e Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de decembro para o vindeiro luns 14 de Decembro de 2020, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a renovación do contratos de suministro de material de limpeza, do contrato mixto de suministro de pellets e mantemento da caldeira de biomasa, do contrato de servizo de prevención de lexionelose.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 3 de Decembro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 4 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

NOVA PROGRAMACIÓN

REORGANIZACIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES PROVOCADO POLAS NOVAS RESTRICIÓNS DERIVADAS DA COVID 19 (DOGA, 13/NOVEMBRO/2020)

DATA DE COMENZO : 23/NOVEMBRO/2020 EN ADIANTE

SERVIZO (PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES)

• PROGRAMA CLASES DIRIXIDAS PRESENCIAIS : Clases con contidos individualizados por alumno de ALTA INTENSIDADE / MEDIA INTENSIDADE / BAIXA INTENSIDADE.

• CLASES ONLINE EN ABERTO :

  • LUNS : TONIFICACIÓN
  • MARTES : PILATES
  • XOVES : ZUMBA
  • VENRES: MANTEMENTO

• BONOS DE BALDE ( MÁXIMO 2 MESES ) PARA O SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVA :
Administración Consello Municipal de Deportes (Luns a Sábado 8:00 a 14:00 h.)
Directamente técnicos Mouxión.



Novas restricións provocadas pola COVID-19

Según o publicado no DOGA do 13 de Novembro de 2020, o Concello de Ribadavia pasa a ter medidas máis restrictivas sendo de aplicación o recollido nos ANEXOS II e III da orden do 4 de Novembro do 2020. No que afecta a práctica da actividade fisica e o deporte do seguinte xeito:

  • DEPORTE FEDERADO : non se ve afectado polas novas restriccións.
  • DEPORTE NON FEDERADO : farase de xeito individual nos centros deportivos pechados.
  • EVENTOS DEPORTIVOS : o público asistente en instalacións pechadas reducese a trinta persoas e o aire libre a 75 persoas.

OBRA NO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Na Xunta Local de Goberno do 2 de Novembro de 2020 foi adxudicada á empresa Conecgal Instalaciones S.L. a obra para arranxos no Pavillon Municipal de Maquians, que está previsto comenzar a mediados do mes de Decembro debendo estar rematada o 31/12/2020. A obra consistirá en arranxos en distintas dependencias: vestiarios, lavabos, almacéns… etc. para solventar desperfectos na instalación derivados do uso según o informe emitido polo Servizo Municipal de Deportes con data de 12 de Marzo de 2018.

A execución das obras levarase a cabo facendo coincidir cas datas de nadal para causar o mínimos perxuizos aos usuarios desta instalación: Clases de Educación Fisica dos centros de ensino e clubes que desenvolven os seus adestramentos de luns a venres. Asemade o Consello Reitor celebrado o 9/11/2020 adoutou o acordo, mentras dure a crise sanitaria provocada pola COVID 19 a supresión da opción de alugueiro diste equipamento municipal co gallo de minimizar riscos.

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 4 de Novembro do  2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 6 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • Deberá permanecer sentado cun máximo de 60 persoas en recintos pechados e 150 en recintos ao aire libre.

O SEDENTARISMO: UNHA PANDEMIA CON VACINA

Dentro de la serie de artigos que se adentran na relación entre a crise sanitaria desatada polo coronavirus e o deporte, hoxe ofrecemos a reflexión en común do expresidente de FAGDE, Luis V. Solar, e da presidenta da Asociación Cántabra de Empresarios da Salud e Exercicio Físico (ACESEF), Isabel Vega.

Baixo el título ‘El sedentarismo: una pandemia con vacuna’, Vega e Solar fan un chamamento para combater a falta de actividade física, un mal que causa moitas máis mortes que a Covid-19.

Na seguinte ligazón podes ler o artigo: El sedentarismo: una pandemia con vacuna

Convocatoria do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes

O Alcalde e Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de novembro  para o vindeiro luns 9 de Novembro de 2020, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación do borrador de orzamento do Consello Municipal de Deportes (sección orzamentaria propia) para o 2021 e a aprobación do plan director de subvención para o 2021.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

 

FORTE CO DEPORTE

Na loita contra a COVID-19 todos temos que estar unidos e o deporte é unha das armas que temos para facer fronte a esta crise sanitaria. Por iso, dende a UFEDEGA  e co apoio da Secretaria Xeral para o deporte, todas as federacións galegas queremos lembrar  que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade establecidas con motivo da pandemia da COVID-19. O DEPORTE É SOLUCIÓN!