APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL «A VERONZA»

O XOVES, 12 de XUÑO do 2025, ABRIRÁ AO PÚBLICO A PISCINA MUNICIPAL «A VERONZA».

HORARIOS :

MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.

TARDE/SERÁN: 16:30 h. a 20:45 h.

ACCESO :

Directamente na taquilla, ou a través da WEB www.deportesribadavia.es poderán solicitarse tanto os ABONOS de toda a tempada, así como as ENTRADAS de DIARIO.

                                                    Ordenanza nº 24 .Prezo público por uso das instalacións deportivas municipais

 

NORMAS XERAIS :

O AFORO DA INSTALACIÓN: 244 PERSOAS.

DENTRO DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.

ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.

RECOMÉNDASE USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PES DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).

PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.

PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.

PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO ÁS PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.

PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS, SALVO CANS GUÍA.

PROHIBIDO COMER E BEBER NAS AREAS DE PRAIA.

PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.

PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO DA INSTALACIÓN.

 

CURSO DE NATACIÓN DE NEN@S :

O CURSO DE NATACIÓN DARÁ COMENZO O LUNS, 30/XUÑO EN HORARIO DE MAÑÁ.

CLAUSURA ENCONTRO DE ESCOLIÑAS

Despois de tres xornadas de Encontros de Escoliñas levadas a cabo en Ribadavia, e promovidas pola Excma. Deputación de Ourense coa colaboración dos Concellos, nas modalidades deportivas de Minibalonmán (15 de febreiro), Karate (23 de marzo) e Baile Moderno (10 de maio), celebrarase o vindeiro venres 13 de xuño a Clausura do Encontro de Escoliñas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

Ditos eventos serán organizados/coordinados por CDC Ribeiro Balonmán e Miño BM. (Minibalonmán), Federación Galega de Karate (Karate) e Foryou Sport (Baile Moderno).

APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS TEMPADA 25/26

Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño ábrese o prazo para que todas as entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 25/26 para actividade de adestramentos e competicións poidan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

 

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas. 
O Consello Municipal de Deportes,
 aténdose aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactará o horario definitivo que entrará en vigor o 1 de Outubro.
Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro , formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso, ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.

RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS

Remata a Actividade Recreos Activos/Patios Dinámicos (Outubro do 2024 a Maio do 2025) dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA do Concello de Ribadavia e do PLAN PROXECTA (CP INNOVA) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, actividade coordinada entre o Servizo Municipal de Deportes e os Departamentos de Educación Fisica dos centros CPI Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer. Agradecer as entidades ADC Ribeiro e Club Karate Mizukami e á Federación Galega de Tenis e de Bádminton, a aportación de técnicos responsables do desenvolvemento da mesma.

Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos conxuntamente cos proxectos Plataforma DAFIS e Dinamización da vida activa e deportiva, que se levaron adiante ao longo diste curso continuarán o curso 25/26.

 

CONVOCATORIA PROGRAMA EBICI DA XUNTA

Desde a Xunta de Galicia, lanzouse unha nova convocatoria de axudas dentro do programa EBici, cuxo obxectivo é promover a mobilidade sostible na nosa comunidade.

Este programa ofrece subvencións para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, co fin de fomentar unha mobilidade máis ecolóxica e accesible.

As solicitudes están abertas ata o 13 de novembro de 2026 ou ata esgotar os fondos dispoñibles.

Podedes pinchar nesta ligazón para máis información.

CURSO DE NATACIÓN 2025 – NEN@S ADMITID@S XULLO E AGOSTO

Faise público a relación de admitid@s para os meses de Xullo e Agosto.

Tod@s @s admitid@s, teñen de prazo dende o 2 ata o 6 de xuño para facer reserva definitiva da praza para o que deberán formalizar o aboamento da matrícula, según o prezo público aprobado na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021.

Para o que deberán descargar a autoliquidación da web www.deportesribadavia.es, enviala ao email smd@ribadavia.es ou entregala presencialmente nas oficinas do Centro Deportivo Municipal «O Consello». O pago será domiciliado, polo que a autoliquidación entregarase vía email ou presencialmente nas oficinas, en ningún caso se entregará no banco.

 

 

 

 

 

Nesta ligazón podes descargar a autoliquidación.

 

 

8ª SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – MINIBALONMÁN

O pasado venres 23 de maio, aproximadamente uns 100 nenos e nenas da comarca de Ribadavia, participaron neste evento na modalidade de minibalonmán.
 
Trátase dunha edición especial centrada na Inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos, e que se celebrou durante os días 22, 23 3 24 de maio en Expourense.
 
Está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
 
Nesta ligazón poderás consultar os resultados do minibalonmán.