Categoría: Eventos
ENCONTROS DE ESCOLIÑAS – MINIBALONMÁN
Coa participación do CDC Ribeiro, C. Escola Balonmán e C. Balonmán Miño celebrouse o pasado sábado 15 de febreiro, a 1ª Xornada do Encontros de Escoliñas nos Concellos, neste caso na modalidade Minibalonmán. Actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboración dos concellos e coordinado pola entidade CDC Ribeiro Balonmán.
Disputáronse varios encontros ao longo da maña co seguinte calendario:
10:00 Benxamíns: Rebusca46 – Librería Goyma
10:45 Benxamíns: Rebusca46 – Esc. Club BM Miño
10:45 Babies : ADC Ribeiro – C. Escola Balonmán
11:30 Benxamíns: Librería Goyma – Esc. Club BM Miño
Ao remate os participantes recibiron medallas conmemorativas do evento, que foron entregadas polo Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera.
A seguinte Xornada a celebrar será en Marzo na modalidade de Karate.










ENCONTRO DE ESCOLIÑAS DEPUTACIÓN – MINIBALONMÁN
O sábado 15 de febreiro, da comezo o programa de convivencia de entidades deportivas de concellos da provincia de Ourense, integradas por nenos e nenas entre 3 e 14 anos aprox., coa modalidade deportiva Encontro Escoliñas Minibalonmán.
Levarase a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», co seguinte calendario e horario:
10:00 Benxamíns: Rebusca46 – Librería Goyma
10:45 Benxamíns: Rebusca46 – Esc. Club BM Miño
10:45 Babies: CDC Ribeiro – C. Escola Balonmán
11:30 Benxamíns: Librería Goyma – Esc. Club BM Miño
XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL
XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL (ALEVÍN E BENXAMÍN)
Os días 11, 12 e 13 de Febreiro, disputáronse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Alevín e Benxamín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.
Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.
Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:





BAILE NO ENTROIDO
O vindeiro venres 21 de Febreiro as 17:30 horas (nenos e nenas) e o luns 24 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) celebraráse o Entroido bailando.
Traede os vosos disfraces…!!!
MELLORAS NOS VESTIARIOS DO NOVO SINTÉTICO DO COMPLEXO O XESTAL
Foron executadas melloras nos vestiarios dos deportistas e árbitros: Actuación consistente na sustitución de grifos existentes nas duchas por pulsadores (según recomendación para vestiarios deportistas). Mellora que foi executada polo persoal do Concello con cargos aos fondos propios.


ENCONTRO DE ESCOLIÑAS DEPUTACIÓN – MINIBALONMÁN

XOGANDO CO ATLETISMO FINAL COMARCAL 2025
Dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 25 de Febreiro nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.
As dúas xornadas celebraranse os días 11 e 13 de Febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 horas.
Nesta ligazón atoparás o Regulamento.
COMARCAL BÁDMINTON ALEVÍN E BENXAMÍN
Nas instalacións do pavillón municipal Maquiáns, celebrouse o pasado 21 e 23 de abril o Bádminton comarcal nas categorías alevín e benxamín, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia/Consello Municipal de Deportes.
Nesta ligazón atoparás a Clasificación

DEPORTE ESCOLAR – COMARCAL DE BÁDMINTON
A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 24/25, organiza o 21 de xaneiro do 2025 (Categoría Alevín) e o 23 de xaneiro do 2025 (Categoría Benxamín) a fase comarcal na modalidade bádminton, que se vai a celebrar no Pavillón Municipal Maquiáns nas categorías benxamín e alevín, na que van a tomar parte os seguintes centros de ensino cun total de 124 participantes en categoría alevín e 80 en categoría benxamín.
| CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO |
| CEIP SAN SALVADOR DE ARNOIA |
| CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA |
| CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA |
| CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA |
A actividade dará comezo ás 10:30 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.