PRESENTACIÓN TORNEO DE TENIS FESTAS DO PORTAL 2025

En Ribadavia o día 4 de setembro, coa presencia do Señor Alcalde Presidente do Concello de Ribadavia, César Fernandez Gil, do Presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera Casero, do Director do Servizo de Deportes, José Manuel Pérez Otero, e da xogadora Elsa Corral Hidalgo, levoúse a cabo na casa do concello a devandita presentación, destacando os participantes, e o número de categorías que se van desenvolver este ano, remarcando de xeito especial as categorías de absoluto femenino, veteranas +45 e infantil, que non se tiñan disputado hasta agora nas edicións precedentes do torneo. Así mesmo entre os participantes non solo atopamos xogadores da comarca de Ribadavia e doutros lugares da provincia de Ourense, así como xogadores tamen da provincia de Pontevedra.

A xogadora de máis ranking son a pontevedresa María Franceliín Crespo Mendez e o xogador de mellor ranking é o ainda infantil de Ourense Romeo Robleda Leiro.

Os partidos iniciaranse o venres 5 a partir das 16:30 da tarde, e remataran coas finais o luns día 8 tamén pola tarde a partir das 16:30.

O torneo está organizado polo Clube de Tenis Ribadavia, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, e disputarase nas pistas de tenis do Complexo Deportivo Municipal «O Xestal».

CEIP PLURILINGÜE DE RIBADAVIA REFORMADO

Grazas á reforma recente do ximnasio do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, o centro conta cun pavimento novo, pistas marcadas para minibasket, badminton e minibalonmán, e todos os equipamentos necesarios para practicar deporte con seguridade.
 
Ademáis, mentres duren as obras no Centro Deportivo Municipal «O Consello», as clases do Servizo Municipal de Deportes, que se impartan pola tarde, trasladaranse aquí.
 
Educación, deporte e infraestruturas de calidade para o noso alumnado e veciñanza.
 
 
 

DEVOLUCIÓN DO PREZO PÚBLICO POR PECHE ANTICIPADO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA NA TEMPADA 2025

Todos os interesados en solicitar a devolución da parte proporcional tanto dos bonos de tempada na Piscina Municipal A Veronza como do Curso de Natación por mor do peche anticipado, según resolución da alcadía de 22 de Setembro de 2022, poderán facelo solicitando dita devolución a través dunha SOLICITUDE XERAL e presentadoa no Concello de Ribadavia.

Na siguinte ligazón podes ver a Resolución da Alcaldía.

PECHE PARCIAL DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL «O CONSELLO»

Acórdase o peche parcial, ata novo aviso, para levar a cabo os traballos de traslado da Sala Musculación á nova ubicación na planta primeira da instalación, onde se prestará este servizo con caracter provisional, mentras duren as obras de reforma da planta baixa.

Os abonados serán informados cando rematen estes traballos de traslado e se poida voltar a prestar iste servizo.

PECHE PISCINA MUNICIPAL

Debido á situación climatolóxica actual e os incendios que estamos a sufrir e, así mesmo, o descenso de caudal que estamos a experimentar; pecharase a Piscina Municipal «A Veronza» a partir de mañá, 19 de agosto.

A medida tómase para poder garantir a subministración de auga para uso doméstico.

Agradecemos a compresión e a colaboración de toda a veciñanza nestes complicados intres.

RIBADAVIA CONTINÚA MELLORANDO AS INSTALACIÓNS DO SEU CEIP CUNHA NOVA ACTUACIÓN NO XIMNASIO

O CEIP Plurilingüe de Ribadavia segue avanzando na súa posta a punto grazas ás novas obras de mellora que acaban de iniciarse no seu ximnasio. A intervención, promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, supón un investimento de 40.983,61 euros e foi adxudicada á empresa Sport Equipalia S.L.U., cun prazo de execución dun mes.

A actuación contempla o acondicionamento integral dun espazo fundamental tanto para a actividade física do alumnado como para outros usos comunitarios e educativos. O ximnasio acolle diariamente as clases de educación física do centro e serve tamén como escenario para o programa “Recreos Activos – Patios Dinámicos”, desenvolvido en colaboración co Servizo Municipal de Deportes dentro do Plan Proxecta da Xunta. Ademais, a Consellería concedeu o uso temporal da instalación ao Concello de Ribadavia para que, a partir do mes de setembro, poida albergar as actividades físico-deportivas do Consello Municipal de Deportes mentres se realizan as obras de acondicionamento na planta baixa do Centro Deportivo Municipal O Consello.

A reforma inclúe a instalación dun novo pavimento deportivo Pavigrass de seis milímetros de espesor, así como a marcaxe de pistas para badminton, minibasket e minibalonmán. As paredes do ximnasio serán pintadas de novo e completaranse os traballos coa colocación de equipamentos como taboleiros de minibasket, postes e redes de badminton, proteccións para os postes de volei e novas espalderas.

Esta nova intervención súmase a outras xa realizadas no CEIP Plurilingüe de Ribadavia durante a presente lexislatura, consolidando un compromiso firme coa mellora das infraestruturas educativas no municipio. No verán de 2024, o centro xa fora beneficiario dunha importante actuación incluída no Plan BEN-Estar da Xunta de Galicia, cun investimento de 95.000 euros. Aquela reforma permitiu renovar o pavimento do comedor e da sala de caldeiras, reformar integramente os aseos e vestiarios da planta baixa, instalar un novo sistema de calefacción máis eficiente e construír un baño adaptado, ademais de novos espazos para o persoal do centro e da cociña.

“Con esta nova actuación, reafirmamos o compromiso do Concello de Ribadavia coa mellora continua das infraestruturas educativas. A colaboración entre administracións é clave para garantir espazos seguros, accesibles e de calidade para o noso alumnado. Agradecemos á Consellería de Educación da Xunta de Galicia o seu apoio e investimento neste proxecto. O traballo conxunto permítenos avanzar con paso firme na mellora da calidade educativa en Ribadavia” declara o alcalde de Ribadavia, César Fernández, que visitou onte as obras.

Dende o Concello destacan que estes investimentos, tanto os xa realizados como os que están en marcha, reflicten un modelo de colaboración institucional que permite dotar aos centros educativos de espazos accesibles, eficientes e adaptados ás necesidades do alumnado, do profesorado e da veciñanza. A aposta pola calidade da educación pública pasa, tamén, por contar con instalacións modernas e versátiles que promovan o benestar físico e emocional das nenas e nenos, fomenten hábitos saudables e contribúan a construír unha contorna educativa segura, integradora e orientada ao futuro.

PROGRAMA «ADESTRA A TÚA SAÚDE»

Nesta ligazón poderás acceder ao “Plan Autonómico de Prescripción de Actividade Física e Exercicio Físico orientado á saúde “Adestra a túa Saúde””.

O programa “Adestra a túa Saúde” ten por obxectivo contribuir á millora da saúde, o benestar e a calidade de vida da ciudadanía mediante a pauta de actividade física e exercicio dende o sistema sanitario e o seu seguimento no entorno comunitario, realizado por unha persoa promotora de exercicio (PAEF) que adaptará e evaluará de forma personalizada a súa execución, cos recursos de práctica dos que dispoña cada concello.

Está dirixido a persoas inactivas, sas o con factores de risco cardiovascular, primordialmente maiores de 60 años, sen unha patoloxía que supoña unha contraindicación absoluta para a práctica de exercicio ou que presenten limitacións severas da súa movilidade que requiran unha asistencia permanente.

 

Dende esta web www.sanidademediaverso.sergas.gal poderás acceder ao Mediaverso de contidos e experiencias para promover a túa saúde. Dentro atoparás seccións como: “Alimentación saudable”, “Actividade Física”, “Benestar Emocional” e “Condutas Adictivas”.