ACONDICIONAMENTO E MELLORAS NO XIMNASIO DO CEIP PLURILINGÜE DE RIBADAVIA

Deron comezo as obras de acondicionamento e mellora no ximnasio do CEIP PLURILINGÜE DE RIBADAVIA, adxudicadas pola Conselleria de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional por un importe de cuarenta mil novecentos oitenta e tres con sesenta e un euros (40.983,61€) á empresa SPORT EQUIPALIA S.L.U., cun prazo de execución de 1 mes.

Instalación que asemade de ser a aúla de Educación Física do centro de ensino tamén se desenvolve a actividade RECREOS ACTIVOS – PATIOS DINÁMICOS en colaboura co Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia, incluidos no plan proxecta da Xunta de Galicia.

Tamén a Consellería de Educación ten concedida esta instalación ao Concello de Ribadavia para dende o mes de Setembro acoller o Programa de Actividades Físico-Deportivas do Consello Municipal de Deportes mentras duren as obras de acondicionamento da planta baixa do Centro Deportivo Municipal «O Consello».

A reforma consistirá en executar as seguintes actuacións:

-INSTALACIÓN DE NOVO PAVIMENTO DEPORTIVO PAVIGRASS 6MM.

-MARCAXE DE PISTAS: BADMINTON, MINIBASKET, MINIBALONMÁN.

-PINTADO DE PAREDES.

-COLOCACIÓN DE NOVOS EQUIPAMENTOS: TABOLEIROS DE MINIBASKET, POSTES E REDES DE BADMINTON, PROTECCIÓN POSTES DE VOLEY… ETC.

-COLOCACIÓN DE ESPALDEIRAS.

 

10ª CARREIRA PEDRESTE RIBADAVIA

O domingo 14 de Decembro, terá lugar a Décima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano

Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.

Próximamente abrirase o prazo para a inscrición a través desta ligazón.

 

RAID GALLAECIA 2025

A Comarca do Ribeiro albergará o RAID GALLAECIA 2025 que dará comezo o 20 ata o 26 de xullo.

A primeira etapa percorrerá o Concello de Ribadavia, os participantes tomarán saída en Arnoia pasando por Ribadavia, para rematar en Pena Corneira.

Proba deportiva considerada como deporte extremo/deporte aventura, na que os participantes percorrerán case 500 km. combinando as disciplinas de Mtb, Trekking, Kayaking e Barranquismo.

O evento está promovido por «MARAMAR OUTDOOR SLU», proba que forma parte do circuito mundial de deportes de aventura, clasificatorio para o ARWC 2025 – Canadá.

Nestas ligazóns atoparás a Memoria Técnica e a Guía da Carreira

CURSO DE INICIACIÓN Á PESCA

O sábado 21 de xuño, ás 9:30 horas, levarase a cabo na Veronza o «Curso de Iniciación á Pesca» con David Arcay, Campeón do Mundo de Pesca, dirixido a mozos e mozas ata 18 anos.

Actividad supeditada a unha inscrición mínima de 15 participantes. Organizada pola Federación Galega de Pesca.

Para inscribirse, hai que acceder a esta ligazón. Data límite, xoves 19 de xuño ás 20:00 horas.

CLAUSURA ENCONTRO DE ESCOLIÑAS

Ribadavia, xunto cos concellos de Xinzo de Limia, San cibrao das Viñas, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Maceda, Cenlle, Maside, Carballiño e Coles, participaron no encontro de Escoliñas Deportivas.
 
O venres 13 de xuño, no Pazo dos deportes Paco Paz de Ourense, celebrouse a fin de curso dos encontros de Escoliñas Provinciais, no cal participaron máis de 500 cativos.
 
Esta iniciativa está centrada na práctica dos deportes tales como ximnasia artística, ximnasia rítmica, baile moderno, xadrez, tenis de mesa, remo indoor, orientación, psicomotricidade, balonmán, volei, karate, kung-fun, fútbol sala e baloncesto.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

CLAUSURA ENCONTRO DE ESCOLIÑAS

Despois de tres xornadas de Encontros de Escoliñas levadas a cabo en Ribadavia, e promovidas pola Excma. Deputación de Ourense coa colaboración dos Concellos, nas modalidades deportivas de Minibalonmán (15 de febreiro), Karate (23 de marzo) e Baile Moderno (10 de maio), celebrarase o vindeiro venres 13 de xuño a Clausura do Encontro de Escoliñas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

Ditos eventos serán organizados/coordinados por CDC Ribeiro Balonmán e Miño BM. (Minibalonmán), Federación Galega de Karate (Karate) e Foryou Sport (Baile Moderno).

RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS

Remata a Actividade Recreos Activos/Patios Dinámicos (Outubro do 2024 a Maio do 2025) dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA do Concello de Ribadavia e do PLAN PROXECTA (CP INNOVA) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, actividade coordinada entre o Servizo Municipal de Deportes e os Departamentos de Educación Fisica dos centros CPI Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer. Agradecer as entidades ADC Ribeiro e Club Karate Mizukami e á Federación Galega de Tenis e de Bádminton, a aportación de técnicos responsables do desenvolvemento da mesma.

Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos conxuntamente cos proxectos Plataforma DAFIS e Dinamización da vida activa e deportiva, que se levaron adiante ao longo diste curso continuarán o curso 25/26.

 

CURSO DE NATACIÓN 2025 – NEN@S ADMITID@S XULLO E AGOSTO

Faise público a relación de admitid@s para os meses de Xullo e Agosto.

Tod@s @s admitid@s, teñen de prazo dende o 2 ata o 6 de xuño para facer reserva definitiva da praza para o que deberán formalizar o aboamento da matrícula, según o prezo público aprobado na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021.

Para o que deberán descargar a autoliquidación da web www.deportesribadavia.es, enviala ao email smd@ribadavia.es ou entregala presencialmente nas oficinas do Centro Deportivo Municipal «O Consello». O pago será domiciliado, polo que a autoliquidación entregarase vía email ou presencialmente nas oficinas, en ningún caso se entregará no banco.

 

 

 

 

 

Nesta ligazón podes descargar a autoliquidación.

 

 

VIII SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – XOGOS DEPORTIVOS

Os días 22, 23 e 24 de maio, celebrarase en Expourense o «8º Salón do Deporte e Turismo Activo (Xogos Deportivos)».

Este evento está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
 
Trátase dunha edición especial centrada na Inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos.
 
Nesta cita, aproximadamente uns 100 nenos e nenas da comarca de Ribadavia, participarán na modalidade de Minibalonmán.
 
Compartirán espazo clubes e asociacións unha quincena de disciplinas deportivas con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional. Os deportes que estarán representados nesta cita son: Atletismo; Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima Clásica; Fitness; Fútbol; Hockey; Karate; Pickleball; Piragüismo; Remo Indoor; Roller cross; Taekwondo; Tai-chi; Tenis; Voleibol; Wushu; Xadrez e Ximnasia.
 
O horario é de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
 
Nesta ligazón poderás consultar o programa.