ENCONTRO DE ESCOLIÑAS DEPUTACIÓN – MINIBALONMÁN

O sábado 15 de febreiro, da comezo o programa de convivencia de entidades deportivas de concellos da provincia de Ourense, integradas por nenos e nenas entre 3 e 14 anos aprox., coa modalidade deportiva Encontro Escoliñas Minibalonmán

Levarase a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», co seguinte calendario e horario:

10:00 Benxamíns: Rebusca46 – Librería Goyma

10:45 Benxamíns: Rebusca46 – Esc. Club BM Miño

10:45 Babies: CDC Ribeiro – C. Escola Balonmán

11:30 Benxamíns: Librería Goyma – Esc. Club BM Miño

 

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL (ALEVÍN E BENXAMÍN)

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro, disputáronse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Alevín e Benxamín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns

 

 

DEPORTE ESCOLAR – COMARCAL DE BÁDMINTON

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 24/25, organiza o 21 de xaneiro do 2025 (Categoría Alevín) e o 23 de xaneiro do 2025 (Categoría Benxamín) a fase comarcal na modalidade bádminton, que se vai a celebrar no Pavillón Municipal Maquiáns nas categorías benxamín e alevín, na que van a tomar parte os seguintes centros de ensino cun total de 124 participantes en categoría alevín e 80 en categoría benxamín.

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO
CEIP SAN SALVADOR DE ARNOIA
CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA
CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA
CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

A actividade dará comezo ás 10:30 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.

RECREOS ACTIVOS – PATIOS DINÁMICOS

O 13 de xaneiro, voltamos ca actividade recreos activos-patios dinámicos nos centros CPI Ribadavia e CRA Amencer. Como novidade para este trimestre, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, os venres estará no CPI unha monitora desta modalidade, dando a coñecer esta disciplina, e máis en concreto, o pickleball, modalidade adaptada que combina elementos do tenis, pádel, badminton e tenis de mesa.

Ademais dentro do programa, todos os días de luns a venres coincidindo co horario de recreo, continúan os técnicos aportados polos clubes nas modalidades de balonmán, karate e baile moderno.

 

9ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

Por novena vez, as rúas de Ribadavia foron tomadas por case 400 atletas que participaron na IX Carreira Pedestre de Ribadavia, con saída e meta na Praza Maior.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN, pinchar nesta ligazón.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORGANIZADA:

CONCELLO DE RIBADAVIA / CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES

COORDINACIÓN TÉCNICA:

FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

COLABORARON:

  • DEPUTACIÓN OURENSE
  • COOPERATIVA VIT. DO RIBEIRO
  • AQUALIA
  • PROTECCIÓN CIVIL RIBADAVIA
  • CICLISTAS DO RIBEIRO
  • VOLUNTARIOS