COMARCAL DE ORIENTACIÓN E XORNADA MULTIXOGO

A Xornada do Comarcal de Orientación o Multixogo levada a cabo o xoves 30 de abril nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza, foi a última actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. Xornada organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.

Nela tomaron parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, CEIP Carmen García Carrasco Cenlle, cunha participación de 302 nen@s, nas categorías de benxamín, alevín de 6 a 8 anos.

A xornada deu comezo ás 10:30 horasrematou ás 13:00 horas.