CURSOS DE NATACIÓN 2026 / ABONOS TEMPADA PISCINA MUNICIPAL VERONZA

ABERTO O PRAZO PARA MATRÍCULA para o CURSO DE NATACIÓN DE NEN@S 2026 na Piscina Muncipal “A Veronza”.

Os interesados poderán matricular ao neno ou nena, facendo a matrícula dende a páxina web www.deportesribadavia.es, premendo no acceso «USUARIOS/ABONADOS».

Unha vez dentro, accederase á casilla «PISCINA MUNICIPAL», onde aparecerán as diferentes opcións de matrícula e pago do Curso de Natación de nen@s.

  • MATRÍCULA CURSO NATACIÓN ABONADOS SMD, para nen@s que son ABONADOS ao Servizo Municipal de Deportes.
  • MATRÍCULA CURSO ORDINARIA, para nen@s que NON son abonados ao Servizo Municipal de Deportes.
  • MATRÍCULA CURSO NATACIÓN DESEMPREGO, cando os DOUS membros da familia, están en situación de desemprego. Deberán presentar xustificación.

Introducir os datos do neno ou nena, e formalizarán o pagamento do mesmo, (prezos públicos aprobados na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021).

Os prazos de matrícula son (por orden de entrada):

  • Para o mes de XULLO, ata o 5 de Xuño.
  • Para o mes de AGOSTO, ata o 10 de Xullo.

O número de prazas, son máximo 80.

IDADE : 4 ANOS en adiante.

DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1 de Xullo ao 28 de Agosto.

HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

 

PROCEDEMENTO E PRAZOS :

SOLICITUDE DE PRAZA (MATRÍCULA): Para o mes de Xullo, ata o 5 de Xuño. Para o mes de Agosto ata o 10 de Xullo.

GRUPOS E HORARIOS: 11 de Xuño, faise pública a relación de admitid@s.

COMEZO DO CURSO: 1 de Xullo.

 

 

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2026
ABONOS TEMPADA

Está aberto o prazo para solicitar o Abono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2026.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para esta tempada:

Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo «USUARIOS/ABONADOS», e despois en «PISCINA MUNICIPAL».

Unha vez dentro, aparecerán as diferentes opcións de ABONOS TEMPADA;

  • ABONOS ADULTO (maiores de 18 anos)
  • ABONOS XUVENIL (de 3 a 17 anos)
  • ABONO XUBILADO