PREMIO XOGADE  AO CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA

Parabéns polo galardón acadado na XXII GALA +DEPORTE LA REGIÓN polo centro de ensino CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA.

O premio ben a recoñecer ao centro e en especial ao Departamento de Educación Fisica, polo traballo na promoción da actividade física saúdable dirixida aos alumnos do centro de ensino.

Dunha banda, pola participación nas competicións e actividades incluídas no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte que se desenvolven e coordinan dende a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro.

Doutra banda, pola posta en marcha dende o curso 22/23 dos RECREOS ACTIVOS-PATIOS DINÁMICOS incluídos dentro do programa INNOVA, asemade pola implementación da PLATAFORMA DAFIS (AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA PARA A SAÚDE) incluídos no plan PROXECTA da Conselleria de Educación.

Os dous últimos coordinados dende o PLAN RIBADAVIA ACTIVA  do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia.