O domingo 7 de maio, vaise celebrar a 6ª edición da BTT Ribeiro, con dous percorridos, un de 40 km. e outro XXL de 55 km. Ao non ten carácter competitivo, os participantes están convocados nas instalacións deportivas do Complexo O Xestal a partir das 8:15 horas con saída controlada ata a Praza Maior para dende alí facer a saída oficial ás 9:00 h. Ao remate da mesma será nas instalacións do Novo Sintético de O Xestal onde os participantes disporán de vestiarios, lavado de bibicletas e como clausura do evento habrá bebidas e pinchos.
A proba está organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.
Foi incorporado distinto material didáctico para as actividades dirixidas que forman parte da oferta municipal de actividades fisico-deportivas dirixida aos abonados do servizo municipal de deportes.
A inversión en material ascende a mil novecentos noventa e dous con doce euros (1 .992,12 €.) con cargo á partida orzamentaria de material deportivo 2023.
Material incorporado: bandas de látex con elasticidade lixeira, media e forte, aros de pilates, bolas para fitness de 65 e 75 cm., pelotas softball para pilates, discos de deslizamento, cordas de vinilo para saltar, balóns medicinais de 2 e 4 kg., TRX para adestramentos en suspensión e semiesferas de equilibrio.
A ONG Deporte para la Educación y la Salud promove en España o Día Internacional sin Ascensores, que terá lugar o 27 de abril.
Trátase dunha iniciativa da Asociación Internacional de Deporte y Cultura (ISCA), que naceu o ano 2015 baixo o amparo da Comisión Europea. En España, Deporte para la Educación y la Salud ten a responsabilidade de coordinar as accións encamiñadas a manter activa e sana á poboación a través da práctica de exercicio físico. Actualmente, trátase dun Evento Global que moviliza millóns de persoas na súa celebración anual.
O Día sin Ascensores creouse cun obxetivo: motivar ás persoas a elexir as escaleras en lugar dos ascensores, xa que subir as escaleiras é bo para nosa saúde en xeral e pode darnos unha chispa de actividade física en calquera intre de nosos días. Incluso os Eurodiputados promoveron o uso das escaleiras dentro do Parlamento Europeo en Bruselas.
Este evento terá lugar o 27 de abril e será unha celebración mundial do movemento para a saúde e o benestar. É tamén unha oportunidade para mostrar cómo podemos usar as escaleiras para añadir un impulso de actividade física en un día normal, en casa, no traballo e en espazos públicos. Cando deixas de lado o ascensor están dando un exemplo moi importante ao resto da sociedade e axudando a crear hábitos máis saúdables entre os ciudadáns. Ao utilizar as escaleiras queimanse máis calorías, non se consume electricidade e contribúese a ter un planeta máis saúdable e activo.
Tendo en conta que moitas persoas non poden usar as escaleiras, todos os eventos deste día son voluntarios e os ascensores deben manterse abertos para quenes os necesiten. Os organizadores invitaron tamén ás persoas con discapacidades a unirse e compartir as súas ideas funcionais sobre cómo se poderían mellorar as escaleiras para o seu uso tamén.
O comportamento sedentario pode desempeñar un papel importante no desenvolvemento de condicións físicas como a obesidade, a presión arterial alta e a dor lumbar. Ao participar no Día sin ascensores, promóvense pequenos pasos que as persoas poden tomar para alexarse dos estilos de vida sedentarios e adoptar hábitos máis saúdables, porque facer algo de actividade física todos os días é mellor que non facer nada.
A realización de actividade física según as recomendacións semanais mínimas, é de 10 horas semanais ou 5 horas se a actividade física realizada ten un carácter de esforzo elevado. Con todo, ao contrario do que se pensa de maneira xeralizada, non é necesario que se distribúa durante a semana, ainda que nalgúns casos si é recomendable, pero se esta se realiza na súa totalidade durante a fin de semana, tamén reduce o risco cardiovascular.
Este estudio publicado pola revista Jama Internal Medicinepretende evaluar se ao distribuir a actividade física durante a semana, ou realizar nun periodo de tempo menor, influía nos niveis de mortalidade. E os resultados son elocuentes, xa que entre unha mostra de 350.000 persoas adultas, non había diferencia en canto a mortalidade e risco cardiovascular, entre aqueles que realizaban deporte durante a fin de semana, e aqueles que o distribuían durante a semana. Con todo, os resultados obtidos demostraron que aqueles que realizaban a actividade física distribuida durante a semana, tiñan menos posibilidadede padecer cáncer.
Os datos expoñen que a realización de 300 minutos semanais de actividade física vigorosa (correr, montar en bicicleta ou nadar) ou a realización de 600 minutos de actividade moderada como camiñar reducen entre un 20% e un 30% os riscos cardiovasculares e a mortalidade.
Polo tanto, é importante que se leve a cabo a práctica de actividade física, e débese educar á sociedade para iso.
Na pista central do Polideportivo O Consello en xornada de mañá e tarde, o sábado 11 de marzo, celebrouse a 2ª Xornada da Liga Galega de Kárate que convocou a casi 600 deportistas de todas as categorías base, dende prebenxamin ata cadete.
Logo da primeira xornada celebrada en Ferrol a seguinte esta prevista se leve a cabo en O Barco.
Os participantes en categoría iniciación e avanzados disputaron a competición nas modalidades de kata, kumite e combate.
Na mañá do xoves 9 de marzo déronse cita na pista cuberta de EXPOURENSE quince colexios de toda a provincia para disputar o Cpto. Provincial de Xogando co Atletismo na categoría Alevín.
A representación da Agrupación Escolar O Ribeiro estuvo formada polos centros clasificados na fase comarcal disputada o 24 de xaneiro nas instalacións do novo sintético do Complexo Deportivo Municipal O Xestal:
CPI RIBADAVIA (30 nen@s)
CEIP LEIRO (5 nen@s)
CEIP ARNOIA (12 nen@s)
CEIP CENLLE (7 nen@s)
Os nen@s disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva participando nas distintas probas:
Carreira 10 x 10 metros.
Lanzamento de xavelina branda.
Triplo salto saíndo desde parado.
Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.