Foi incorporado distinto material didáctico para as actividades dirixidas que forman parte da oferta municipal de actividades fisico-deportivas dirixida aos abonados do servizo municipal de deportes.
A inversión en material ascende a mil novecentos noventa e dous con doce euros (1 .992,12 €.) con cargo á partida orzamentaria de material deportivo 2023.
Material incorporado: bandas de látex con elasticidade lixeira, media e forte, aros de pilates, bolas para fitness de 65 e 75 cm., pelotas softball para pilates, discos de deslizamento, cordas de vinilo para saltar, balóns medicinais de 2 e 4 kg., TRX para adestramentos en suspensión e semiesferas de equilibrio.
A ONG Deporte para la Educación y la Salud promove en España o Día Internacional sin Ascensores, que terá lugar o 27 de abril.
Trátase dunha iniciativa da Asociación Internacional de Deporte y Cultura (ISCA), que naceu o ano 2015 baixo o amparo da Comisión Europea. En España, Deporte para la Educación y la Salud ten a responsabilidade de coordinar as accións encamiñadas a manter activa e sana á poboación a través da práctica de exercicio físico. Actualmente, trátase dun Evento Global que moviliza millóns de persoas na súa celebración anual.
O Día sin Ascensores creouse cun obxetivo: motivar ás persoas a elexir as escaleras en lugar dos ascensores, xa que subir as escaleiras é bo para nosa saúde en xeral e pode darnos unha chispa de actividade física en calquera intre de nosos días. Incluso os Eurodiputados promoveron o uso das escaleiras dentro do Parlamento Europeo en Bruselas.
Este evento terá lugar o 27 de abril e será unha celebración mundial do movemento para a saúde e o benestar. É tamén unha oportunidade para mostrar cómo podemos usar as escaleiras para añadir un impulso de actividade física en un día normal, en casa, no traballo e en espazos públicos. Cando deixas de lado o ascensor están dando un exemplo moi importante ao resto da sociedade e axudando a crear hábitos máis saúdables entre os ciudadáns. Ao utilizar as escaleiras queimanse máis calorías, non se consume electricidade e contribúese a ter un planeta máis saúdable e activo.
Tendo en conta que moitas persoas non poden usar as escaleiras, todos os eventos deste día son voluntarios e os ascensores deben manterse abertos para quenes os necesiten. Os organizadores invitaron tamén ás persoas con discapacidades a unirse e compartir as súas ideas funcionais sobre cómo se poderían mellorar as escaleiras para o seu uso tamén.
O comportamento sedentario pode desempeñar un papel importante no desenvolvemento de condicións físicas como a obesidade, a presión arterial alta e a dor lumbar. Ao participar no Día sin ascensores, promóvense pequenos pasos que as persoas poden tomar para alexarse dos estilos de vida sedentarios e adoptar hábitos máis saúdables, porque facer algo de actividade física todos os días é mellor que non facer nada.
A realización de actividade física según as recomendacións semanais mínimas, é de 10 horas semanais ou 5 horas se a actividade física realizada ten un carácter de esforzo elevado. Con todo, ao contrario do que se pensa de maneira xeralizada, non é necesario que se distribúa durante a semana, ainda que nalgúns casos si é recomendable, pero se esta se realiza na súa totalidade durante a fin de semana, tamén reduce o risco cardiovascular.
Este estudio publicado pola revista Jama Internal Medicinepretende evaluar se ao distribuir a actividade física durante a semana, ou realizar nun periodo de tempo menor, influía nos niveis de mortalidade. E os resultados son elocuentes, xa que entre unha mostra de 350.000 persoas adultas, non había diferencia en canto a mortalidade e risco cardiovascular, entre aqueles que realizaban deporte durante a fin de semana, e aqueles que o distribuían durante a semana. Con todo, os resultados obtidos demostraron que aqueles que realizaban a actividade física distribuida durante a semana, tiñan menos posibilidadede padecer cáncer.
Os datos expoñen que a realización de 300 minutos semanais de actividade física vigorosa (correr, montar en bicicleta ou nadar) ou a realización de 600 minutos de actividade moderada como camiñar reducen entre un 20% e un 30% os riscos cardiovasculares e a mortalidade.
Polo tanto, é importante que se leve a cabo a práctica de actividade física, e débese educar á sociedade para iso.
Na pista central do Polideportivo O Consello en xornada de mañá e tarde, o sábado 11 de marzo, celebrouse a 2ª Xornada da Liga Galega de Kárate que convocou a casi 600 deportistas de todas as categorías base, dende prebenxamin ata cadete.
Logo da primeira xornada celebrada en Ferrol a seguinte esta prevista se leve a cabo en O Barco.
Os participantes en categoría iniciación e avanzados disputaron a competición nas modalidades de kata, kumite e combate.
Na mañá do xoves 9 de marzo déronse cita na pista cuberta de EXPOURENSE quince colexios de toda a provincia para disputar o Cpto. Provincial de Xogando co Atletismo na categoría Alevín.
A representación da Agrupación Escolar O Ribeiro estuvo formada polos centros clasificados na fase comarcal disputada o 24 de xaneiro nas instalacións do novo sintético do Complexo Deportivo Municipal O Xestal:
CPI RIBADAVIA (30 nen@s)
CEIP LEIRO (5 nen@s)
CEIP ARNOIA (12 nen@s)
CEIP CENLLE (7 nen@s)
Os nen@s disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva participando nas distintas probas:
Carreira 10 x 10 metros.
Lanzamento de xavelina branda.
Triplo salto saíndo desde parado.
Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
Este sábado 11 de marzo levarase a cabo en Ribadavia a segunda xornada da Liga Galega de Kárate da tempada 2022-2023. Un evento de carácter promocional que se celebrará no Polideportivo Municipal «O Consello» en horario de mañá e de tarde, comezando a xornada de mañá a partir das 10:00 horas, e a da tarde a partir das 16:30 horas.
Dita competición abarcará as modalidades de Kumite e Kata, nas seguintes categorías; pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, estructurándose en dous niveis; iniciación e avanzado.
Nesta competición participarán un total de 579 inscritos e 30 clubes, e está dirixida ás categoria base, coa finalidade de lles ofrecer espazos de mellora e crecemento deportivo.
Será retransmitida en directo a través da canle de Youtube da Federación Galega de Kárate.
Levouse a cabo o arranxo da caldeira de gasoleo calefacción no Pavillón Municipal Maquiáns que alimenta os aerotermos que aportan calefacción á pista central.
O arranxo derivado do Plan de Inspección en materia de seguridade industrial regulado na orde de 19/Maio/2021 (DOGA, 1/Xuño/2021) dependente deVicepresidencia Consellería de economía, empresa e innovación, según informe emitido pola empresa autorizada con data 29/Marzo/2022.
O arranxo consistente na sustitución dos seguintes elementos:
Vaso de expansión.
Bomba de recirculación de ACS.
Porta da caldeira CPA 160.
Xunta do queimador.
O importe do arranxo ascende a dous mil oitocentos setenta con setenta e tres euros (2.870,73 €).
Asumindo o 50% do custe o Concello de Ribadaviae o outro 50% o IES Ribadavia.
A actuación foi executada pola empresa concesionaria do servizo de mantemento da caldeira, contratada polo Concello de Ribadavia.
O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de Febreiro para o vindeiro luns 27 de Febreiro de 2023, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación, si procede, do borrador da acta da convocatoria extraordinaria de 17 Outubro 2022, a renovación, si procede, do contrato menor de suministro de material de limpeza para ID dependentes do CMD a IRAGO, SL, a renovación, si procede, do contrato menor mixto de suministro de pellets e mantemento das caldeiras de biomasa do P. O Consello e de Gasóleo no P. Municipal Maquiáns ao GRUPO ANTOLÍN SL, e proposta de adxudicación, si procede, do contrato menor de servizo de control e prevención da lexionelose nas intalacións deportivas (P. O Consello, P. Mun. Maquiáns e Complexo. D. M. O Xestal) conforme Real Decreto 487/2022, e na dación de contas: obra de arranxo da caldeira de Biomasa e circuito AQS no P. O Consello, obra de acondicionamento nas pistas de tenis no Complexo O Xestal, convenio con Educación para a xestión do Pavillón Municipal Maquiáns, sección orzamentaria do Consello Municipal de Deportes para o 2023.
Remataron as obras para subsanar as deficiencias na caldeira de biomasa e no circuito de AQS no Polideportivo O Consello. Polo que se fixo a primeira carga do silo de pellets (15 toneladas).
Obxeto das obras:
Desmontaxe de:
Silo actual para ampliación do mesmo.
Acumulador de AQS , instalación de novo acumulador, para cumprimento de normativa de control e prevención de lexionelose.
Desmontaxe das actuales bombas de calefacción, colectores e tuberías de distribución.
Desmontaxe e retirada da caldeira de gasoleo en deusodende 2015.
Novos equipos e dotacións:
Construción de novo silo incrementando a capacidade a aproximadamente 20 Toneladas.
Instalación de bocas de carga, en cumprimento da normativa, accesible dende o aparcadoiro, superior aocaron da instalación.
Novo deposito de AQS de 1000 l. con boca de home, en cumprimento da normativa de control e prevención da lexionelose.
Reubicación de novos colectores.
Colocación de dúas novas bombas circuladoras para circuitos de calefacción.
Nova ubicación de cadro eléctrico.
Sistemas de xestión e control:
Instalación de cableado, conectado con ordenadores de administración, para xestión informatizada dos distintos parámetros existentes da caldeiras existentes e niveis de carga do silo.
Distribución a vestiarios deportistas e lavabos:
Instalación de novo circuito con tubaxe de polietileno de 75 mm. e coquilla de suministro de AQS a vestiarios e lavabos de toda a instalación.
EXPEDIENTE – 2022/12041C
ÓRGANO DE CONTRATACIÓN – DEPUTACIÓN OURENSE/CONTRATACIÓN