ACONDICIONAMENTO DE ALMACÉN DE USOS MÚLTIPLES NO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Rematou a obra de acondicionamento do almacén situado na planta 1ª anexo a pista central. Este espazo que será de uso compartido por todos os clubes usuarios da instalación, seguirá compatibilizando o uso como almacén de material deportivo de uso común con outros usos coincidindo ca actividade de competición, e deste xeito póidase convertir en recinto para despacho de merchaidaising (camisetas, bufandas, maillots, etc.) entradas público, papeletas para sorteos, despacho de bebidas, comida… etc.
Deste xeito dase resposta á petición dos clubes e entidades usuarias desta instalación que motivado pola COVID-19, no 2021, foi suprimido o espazo ubicado baixo a bancada destinado a eses usos, onde foron creados almacéns para que cada entidade dispuxeran dun espazo individualizado para gardar material didáctico e deportivo.

FICHA TÉCNICA DA OBRA:
ORZAMENTO: CATRO MIL NOVECENTOS NOVENTA E UN CON VINTECINTO EUROS (4991,25 € + IVE)
DESCRICIÓN:
2 Ud. CREACIÓN DE VENTANAS ABATIBLES CON APERTURA EXTERIOR DE 1,65 X 1,30 m.
1 Ud. MESA INTERIOR TIPO BARRA DE OBRA CON REMATE EN PEDRA DE 4,20 X 0,30.
1 Ud. FREGADEIRO DE ACEIRO INOXIDABLE PARA AUGA FRÍA E QUENTE DE 80 cm.
INSTALACIÓN ELÉCTRICA CON 1 PUNTO DE LUZ MAIS 3 ENCHUFES.
INSTALACIÓN DE FONTANERÍA CON GRIFO PARA AUGA FRÍA E QUENTE MÁIS TOMA DE AUGA PARA CONEXIÓN DE REGO.

ADXUDICATARIO:
VAZQUEZ FIDALGO,SL.

Xunta Local de goberno 28/Marzo/2023

DEPORTE ESCOLAR; PIRAGÜISMO DRAGONS

Nas instalacións do Club Náutico de Castrelo de Miño, estanse a celebrar unhas xornadas de iniciación ao piragüismo, na modalidade de PIRAGÜISMO DRAGONS  incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

As xornadas deron comezo hoxe martes ata o venres, 12 de maio, nas que van a tomar parte varios centros dependentes da Agrupación Escolar O Ribeiro: CPI Ribadavia, CIP Carballeda de Avia e CPI Cenlle. Pasarán polas xornadas casi cincocentos nen@s de toda a provincia pertencentes a 25 centros inscritos na actividade.

6ª BTT RIBEIRO 2023

domingo 7 de maio, vaise celebrar a 6ª edición da BTT Ribeiro, con dous percorridos, un de 40 km. e outro XXL de 55 km. Ao non ten carácter competitivo, os participantes están convocados nas instalacións deportivas do Complexo O Xestal a partir das 8:15 horas con saída controlada ata a Praza Maior para dende alí facer a saída oficial ás 9:00 h. Ao remate da mesma será nas instalacións do Novo Sintético de O Xestal onde os participantes disporán de vestiarios, lavado de bibicletas e como clausura do evento habrá bebidas e pinchos.

A proba está organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes

Ligazón para inscricións e reglamento.

NOVO MATERIAL PARA ÁS ACTIVIDADES DIRIXIDAS

Foi incorporado distinto material didáctico para as actividades dirixidas que forman parte da oferta municipal de actividades fisico-deportivas dirixida aos abonados do servizo municipal de deportes.

A inversión en material ascende a mil novecentos noventa e dous con doce euros (1 .992,12 €.) con cargo á partida orzamentaria de material deportivo 2023.

Material incorporado: bandas de látex con elasticidade lixeira, media e forte, aros de pilates, bolas para fitness de 65 e 75 cm., pelotas softball para pilates, discos de deslizamento, cordas de vinilo para saltar, balóns medicinais de 2 e 4 kg., TRX para adestramentos en suspensión e semiesferas de equilibrio.

27 DE ABRIL – DÍA INTERNACIONAL SIN ASCENSORES

A ONG Deporte para la Educación y la Salud promove en España o Día Internacional sin Ascensores, que terá lugar o 27 de abril

Trátase dunha iniciativa da Asociación Internacional de Deporte y Cultura (ISCA), que naceu o ano 2015 baixo o amparo da Comisión Europea. En España, Deporte para la Educación y la Salud ten a responsabilidade de coordinar as accións encamiñadas a manter activa e sana á poboación a través da práctica de exercicio físico. Actualmente, trátase dun Evento Global que moviliza millóns de persoas na súa celebración anual.

O Día sin Ascensores creouse cun obxetivo: motivar ás persoas a elexir as escaleras en lugar dos ascensores, xa que subir as escaleiras é bo para nosa saúde en xeral e pode darnos unha chispa de actividade física en calquera intre de nosos días. Incluso os Eurodiputados promoveron o uso das escaleiras dentro do Parlamento Europeo en Bruselas.

Este evento terá lugar o 27 de abril e será unha celebración mundial do movemento para a saúde e o benestar. É tamén unha oportunidade para mostrar cómo podemos usar as escaleiras para añadir un impulso de actividade física en un día normal, en casa, no traballo e en espazos públicos. Cando deixas de lado o ascensor están dando un exemplo moi importante ao resto da sociedade e axudando a crear hábitos máis saúdables entre os ciudadáns. Ao utilizar as escaleiras queimanse máis calorías, non se consume electricidade e contribúese a ter un planeta máis saúdable e activo.

Tendo en conta que moitas persoas non poden usar as escaleiras, todos os eventos deste día son voluntarios e os ascensores deben manterse abertos para quenes os necesiten. Os organizadores invitaron tamén ás persoas con discapacidades a unirse e compartir as súas ideas funcionais sobre cómo se poderían mellorar as escaleiras para o seu uso tamén.

O comportamento sedentario pode desempeñar un papel importante no desenvolvemento de condicións físicas como a obesidade, a presión arterial alta e a dor lumbar. Ao participar no Día sin ascensores, promóvense pequenos pasos que as persoas poden tomar para alexarse dos estilos de vida sedentarios e adoptar hábitos máis saúdables, porque facer algo de actividade física todos os días é mellor que non facer nada.

CUMPLIR AS RECOMENDACIÓNS DE EXERCICIO SEMANAIS, REDUCE O RISCO CARDIOVASCULAR

A realización de actividade física según as recomendacións semanais mínimas, é de 10 horas semanais ou 5 horas se a actividade física realizada ten un carácter de esforzo elevado. Con todo, ao contrario do que se pensa de maneira xeralizada, non é necesario que se distribúa durante a semana, ainda que nalgúns casos si é recomendable, pero se esta se realiza na súa totalidade durante a fin de semana, tamén reduce o risco cardiovascular

Este estudio publicado pola revista Jama Internal Medicine pretende evaluar se ao distribuir a actividade física durante a semana, ou realizar nun periodo de tempo menor, influía nos niveis de mortalidade. E os resultados son elocuentes, xa que entre unha mostra de 350.000 persoas adultas, non había diferencia en canto a mortalidade e risco cardiovascular, entre aqueles que realizaban deporte durante a fin de semana, e aqueles que o distribuían durante a semana. Con todo, os resultados obtidos demostraron que aqueles que realizaban a actividade física distribuida durante a semana, tiñan menos posibilidade de padecer cáncer.

Os datos expoñen que a realización de 300 minutos semanais de actividade física vigorosa (correr, montar en bicicleta ou nadar) ou a realización de 600 minutos de actividade moderada como camiñar reducen entre un 20% e un 30% os riscos cardiovasculares e a mortalidade

Polo tanto, é importante que se leve a cabo a práctica de actividade física, e débese educar á sociedade para iso.