SESIÓN DE IOGA EN RIBADAVIA

Na área recreativa da Veronza, o martes 9 de agosto, levouse a cabo a sesión de IOGA ao aire libre dentro incluida na programación +Deporte La Región. A clase estivo dirixida pola monitora Estela Castro á que asistiron casi 20 persoas.

Todos os asistentes que disfrutaron da sesión ao aire libre de IOGA, recibiron unha camiseta tan só por participar.

Con esta sesión e a anterior de Fitness celebrada o pasado 14 de xullo, rematase o programa de actividades previstas para o verán no noso Concello.

 

NOVOS HORARIOS

NOVOS HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO DO POLIDEPORTIVO O CONSELLO DENDE O 16/AGOSTO/2022

  • MAÑÁ: 8:30 a 13:30 h.
  • TARDE/SERÁN: 16:15 a 22:45 h.

HORARIO BASE QUE PODERÁN MUDAR EN FUNCIÓN DAS ACTIVIDADES PUNTUAIS E CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS.

IOGA PARA TODOS

Dentro do programa de actividades de verán de +DEPORTE LA REGIÓN ca colaboración do Concello de Ribadavia, vaise celebrar o vindeiro martes, 9 de Agosto na Area recreativa A Veronza de 20:30 a 21:30 h. unha sesión de IOGA ao aire libre dirixida pola monitora Dna. Estela Castro.

Todos os interesados en participar no evento deberán inscribirse en www.masdeporte.laregion.es cumprimentando o formulario de inscricción.

Os inscritos recibirán unha CAMISETA por participar no evento.

 

SESIÓN DE FITNESS EN RIBADAVIA

Ribadavia foi escenario o xoves 14, da primeira xornada de fitness, que se desenvolveu no palco de música da Alameda, pese á intensa calor e á ameaza de tormenta.

A monitora Paula Cao dirixiu os exercicios a un bo ritmo musical que impoñía os sucesivos pasos, mentres o tempo ía aos poucos refrescando, facilitando así aos participantes seguir as pautas que marcaba a especialista.

A actividade, enmarcada dentro da programación de +Deporte La Región prevista ao aire libre para este verán, require un bo adestramento dos músculos e o obxectivo é que os participantes o perciban e continúen en diante con esta práctica deportiva. O fitness ten moitas vantaxes xa que mellora a resistencia aeróbica, a flexibilidade, ademais de aumentar a forza muscular e mellorar o equilibrio corporal.

Nesta ligazón poderás ver o vídeo da sesión de fitness.

Vindeiro evento: IOGA previsto para o 9 de Agosto a celebrar na Area Recreativa de A Veronza.

FITNESS PARA TODOS

Dentro do programa de actividades de verán de +DEPORTE LA REGIÓN ca colaboración do Concello de Ribadavia, vaise celebrar o vindeiro xoves, 14 de Xullo na Alameda ás 20:30 h. unha sesión de FITNESS dirixida pola monitora Dna. Paula Cao.

Todos os interesados en participar no evento deberán inscribirse en www.masdeporte.laregion.es cumprimentando o formulario de inscricción.

Os inscritos recibirán unha CAMISETA por participar no evento.

Vindeiro evento: IOGA previsto para o 9 de Agosto a celebrar na Area recreativa de A Veronza.

HORARIO DE VERÁN 2022

A partir do día 29 de xuño entra en vigor no Horario de VERÁN 2022 de apertura ao público nas distintas I.D. municipais.

Horario aprobado no Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, celebrado o pasado 14 de xuño do 2022.

 

-PAVILLÓN «O CONSELLO» o horario será o seguinte:

MAÑÁ: de 8:30 a 13:30 horas / TARDES-SERÁN: de 17:00 a 22:00 horas.

«Horario base que pode mudar en función de actividades puntuais e convenios con entidades deportivas».

«Festivos, sábados tarde e domingos: en función das reservas e competicións según convenios con entidades deportivas».

-PISCINA MUNICIPAL A VERONZA: De luns a domingo.

MAÑÁ: 11:00 horas a 14:30 horas / TARDES-SERÁN: 16:30 horas a 20:45 horas.

-PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS: De 9:00 horas a 23:00 horas.

«Horario base que pode mudar en función de actividades puntuais e convenios con entidades deportivas».

-COMPLEXO DEPORTIVO «O XESTAL»: De 9:00 horas a 23.00 horas.

 

Pincha aquí para ver a Acta sa Sesión Ordinaria do C.R. 14/6/2022

Pincha aquí para ver o Informe Proposta Verán 2022