DEPORTE ESCOLAR – CAMPO A TRAVÉS

Dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes, vaise celebrar nas instalación do Complexo O Xestal e Área Recreativa A Veronza o venres 26 de Novembro o Comarcal de Campo a Través Escolar clasificatorio para o Campionato Provincial. Onde está previsto que participen todos os centros educativos da comarca nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.

Horario de probas :

CATEGORÍA HORA DE SAÍDA
Cadete masculino 10,30 h.
Cadete feminino 10,45 h.
Infantil masculino 11,00 h.
Infantil feminino 11,20 h.
Alevin masculino 11,35 h.
Alevín feminino 11,50 h.
Benxamín mixto 12,10 h.

VIDEO MARCADOR NA PISTA CENTRAL DO PAVILLÓN «O CONSELLO»

Froito do convenio asinado entre a Secretaria Xeral para o deporte e o Concello de Ribadavia foi instalado (10/Novembro/2021) un vídeo marcador na pista central. Contrato de suministro e instalación adxudicado á empresa MONDO S.A. cun custe que ascende a vinte e oito mil catrocentos noventa e cinco con cinco euros (28.495,5 €).

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
1. Ordenador de control: Controla a pantalla led através dun software específico de control, tanto para uso deportivo como para uso multimedia.

2. Software específico para procesador led: Reproductor multimedia avanzado.
Funcións a realizar:
– Posicionamiento píxel a píxel da ventana de saída do reproductor.
– Reproductor de vídeo, con escalado automático a resolución da videopantalla.
– Visualizador de imaxes con escalado automático.
– Creación e edición de subtítulos e texto en Scroll.
– Captura e reescalado en tempo real de diferentes zonas da pantalla, de xeito que na pantalla led pode proxectar zonas de unha páxina web (vídeos, tablas o páxinas enteiras), presentacións en PowerPoint, documentos Word, etc.
– Creación e edición de listas de reproducción.
– Deseño de composicións complexas nas que o usuario divide a videopantalla en varias zonas funcionais, de modo que en cada una delas se poida visualizar vídeos, listas de reprodución, capturas de pantalla, etc.
– Programación automática de listas de reprodución. Calendario.

3. Software específico para uso marcador:
– O software deportivo e un software multideporte específicamente deseñado para a utilización da pantalla led como marcador electrónico deportivo, adaptado as normativas das diferentes federaciones deportivas.
– Integra layouts para diversos deportes.
– Controla elementos auxiliares tales como módulos de posesión e tiempo de xogo en baloncesto, estadísticas, etc.

4. Superficie gráfica da pantalla led deportiva de 10m2: Superficie basada en tecnoloxía led que emite as imaxes.

5. Consola deportiva para manexo do marcador: A pantalla Led en modo marcador controla específicamente a través das consolas por parte dos anotadores de mesa. Controla todos os parámetros de xogo por unha soa persoa (xuiz árbitro). Dende a mesma comándase a puntuación, tempo de partido, tempos muertos, período e posesión de balón. Posúe displays de LEDS de alta luminosidade nos cales visualízase a mesma información que a existente no marcador mural. O deporte que se vai a controlar e seleccionará da consola. Dependendo de esta selección, o sistema de puntuación e o tempo de xogo comeza dacordo ca normativa do deporte elexido. A consola almacenará todos os datos na súa memoria de forma que se impida a perda en caso de un corte de enerxía.

6. Bocina: Sinal acústica utilizada cando a pantalla led utilízase como marcador deportivo. Actívase automáticamente cando termina un periodo e pode ser activada manualmente para indicar inicio/final do tempo morto, cambio de xogador, etc…

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS XERAIS

Característica Descripción
Dimensións pantalla (cm) 400x250x8 cm
Peso pantalla (kg) <310 kg
Pixel Pitch (mm) 4,8 mm
Resolución pantalla (pixels) 832x520pixels
Brillo (nits) ≥3500 nits
Tipo led SMD3528 1R1G1B
Ángulo de visión H140o V140o
Voltaje alimentación AC200-240V, 50/60Hz
Consumo máximo 6000 W
Consumo medio 2160 W
Mantenimiento Trasero
Tamaño módulo grande (cm) 50×100 cm
Peso módulo grande(kg) <14 kg
Tamaño módulo pequeño (cm) 50×50 cm
Peso módulo pequeño (cm) <8Kg
Temperatura de trabajo -20 oC a 60 oC
Humedad de trabajo 10-95% RH
Indice de protección IP65 delantero IP54 trasero
Vida útil >100.000 horas
Certificados Marcado CE, FCC/ETL, RoHS. FIBA
Cónsola control Inlcuida
Aplicacións Multideporte, Multimedia
Uso Interior/Exterior
Distancia control <100m CAT6. Fibra óptica 500-10000m

 

CIRCUITO SAUDABLE – 20 DE NOVEMBRO

O sábado día 20 de Novembro levarase a cabo a Cuarto CIRCUITO SAUDABLE.

Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.

Inscrición aberta para ABONADOS; nas oficinas, a través do teléfono 988471549 ou por email: smd@ribadavia.es.

Convocatoria do Consello Rector do Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de novembro para o vindeiro luns 22 de Novembro de 2021, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación do borrador da acta da convocatoria ordinaria de 4 de Outubro de 2021 e a aprobación da proposta da sección orzamentaria propia do Consello Municipal de Deportes para o exercicio 2022.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

DEPORTE ESCOLAR

 

No polideportivo O Consello (12/Novembro/2021; 11:00 horas) celebrouse unha xuntanza convocada pola Agrupación escolar O Ribeiro, a que estaban convocados todos os centros de ensino da comarca. O presidente dá traslado aos presentes dos contidos do programa XOGADE para iste curso a desenvolver na nosa zona, adoitando os seguintes acordos:

Comarcal de Campo a través escolar (clasificatorio para o provincial) a celebrar o vindeiro 26/Novembro/2021 nas instalacións de O Xestal/área recreativa A Veronza.

Programa de actividades para o curso 21/22: a establecer a partir de Xaneiro: bádminton, multixogo, multideporte (baloncesto, balonmán, fútbol-sala) xogando co atletismo, piragüismo dragóns e orientación.

Presentación da plataforma DAFIS ferramenta incluida no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia. Foi presentada por D. José Moreda (Lcdo. Educación Fisica/ Dpto. IES Ribadavia).

ANDAINA SAUDABLE – SÁBADO 13 NOVEMBRO

O sábado día 13 de Novembro levarase a cabo a Segunda ANDAINA SAUDABLE dentro do programa «Andainas Saudables».

A saída serán dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 11:00 horas. Este circuito de intensidade moderada, percorrerá uns 6,5 km (ida e volta).

O circuito será: RIBADAVIA – FRANCELOS – RIBADAVIA.

A inscrición é aberta para tod@s (abonados e non abonados), a través das Oficinas do Pavillón, no Tfno.: 988471549 ou mediante o correo electrónico: smd@ribadavia.es.

CIRCUITO SAUDABLE – 6 DE NOVEMBRO

O sábado día 6 de Novembro levarase a cabo a Terceiro CIRCUITO SAUDABLE.

Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.

Inscrición aberta para ABONADOS ata o Venres 7; nas oficinas, a través do teléfono 988471549 ou por email: smd@ribadavia.es.

CIRCUITO SAUDABLE – 23 DE OUTUBRO

O sábado día 23 de Outubro levarase a cabo a Segundo CIRCUITO SAUDABLE.

Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.

Inscrición aberta para ABONADOS ata o Venres 22; nas oficinas, a través do teléfono 988471549 ou por email: smd@ribadavia.es.

CIRCUITO SAUDABLE – 16 OUTUBRO

O sábado día 16 de Outubro levarase a cabo a Primeiro CIRCUITO SAUDABLE.

Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.

Inscrición aberta para ABONADOS ata o Venres 15; nas oficinas, a través do teléfono 988471549 ou por email: smd@ribadavia.es.

DEPORTE ESCOLAR

No Polideportivo O Consello, logo da xuntanza mantida o 27/Setembro/2021 en Ourense na delegación provincial da Secretaria Xeral para o Deporte polos presidentes de zona,  celebrouse unha xuntanza convocada pola Agrupación Escolar O Ribeiro, na estaban convocados todos os centros de ensino da comarca, para dar a coñecer o programa XOGADE (xogos deportivos en idade escolar) para o curso 21/22. A xuntanza foi presentada polo coordinador provincial de deporte escolar D. Carlos Bericat e o presidente da agrupación escolar de zona D. José Manuel Perez.

Asemade da presentación do programa acordouse establecer a data do 26 de Novembro para a celebración da 1ª fase do comarcal de campo a través  e convocar outra xuntanza a primeiros de Novembro para establecer o calendario definitivo ata o mes de xuño.