Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Publicado no DOGA do 19 de Xaneiro de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autonoma de Galicia. Todalas medidas recollidas entran en vigor as 00:00 horas do 20 de Xaneiro de 2021.

DEPORTE FEDERADO:

  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  • Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista… «de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4…», debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
  • A práctica da actividade física e deportiva ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de 4 persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Tamén facer constar que:

  • En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.
  • Entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.
  • Peche perimetral: soamente se permite a entrada e saída do Concello de Ribadavia por motivos sanitarios, laborais e/ou educativos.

CIRCULAR CLUBES / ENTIDADES USUARIAS DAS I.D. MUNICIPAIS

Ca entrada en vigor do Decreto 3/2021, do 13 de Xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de Decembro, do presidente de Xunta de Galicia, polo que se adoitan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real Decreto 826/2020, do 25 de Outubro, polo que se declara o Estado de Alarma par aconter a propagación de infeccións causadas polo SARSCov-2, na súa disposición cuarta .- Limitación da movilidade nocturna no periodo comprendido entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.

Na seguinte ligazón podes ver a CIRCULAR CLUBES / ENTIDADES

 

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 13 de Xaneiro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 4 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre, con aforo máximo do 33%

Tamén facer constar que entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.

RENOVACIÓN ABONADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES 2021

O 1 de febreiro do 2021 procederase a renovación dos abonados anuais ao Servizo Municipal de Deportes para o que terase en conta que a dedución proporcional que corresponda según o tipo de aboamento, motivado polo peche das instalacións a consecuencia do COVID 19 no 2020 (dende o 14 de marzo ata o 11 de maio) agás aqueles abonados que solicitaron a devolución según informe emitido pola intervención municipal do que se da conta na Xunta de Goberno do 1 de xuño de 2020 adoptando o acordo “… 2 – Taxas e prezos públicos… a devolución ao interesado do importe correspondente cando por causa non imputables ao suxeito pasivo, o servizo público…”.

OBRAS DE REFORMAS E ARRANXO DO MAQUIÁNS

Rematadas as obras de reforma e arranxo do Pavillón Municipal Maquiáns, adxudicadas a CONECGAL CONSTRUCCIONES Y SERVICIOS, executadas no mes de Decembro que afectaron a distintas dependencias da instalación deportiva dependente do Consello Municipal de Deportes: vestiarios deportistas, lavabos, almacéns do material deportivo e pasillo de acceso a vestiarios. As obras consistentes na reparación de alicatados, reposición de distintos elementos de carpintería, falsos teitos…etc, pintura e electricidade. Obra financiada por Concello de Ribadavia con cargo á partida asinada nos orzamentos do 2020 ao Consello Municipal de Deportes.









HORARIOS VACACIÓNS DE NADAL

As ACTIVIDADES PRESENCIAIS con monitor rematan o día 19 de decembro e comezan o día 11 de xaneiro.

PROGRAMACIÓN NADAL (clases ON LINE /CANAL YOU TUBE)

Luns 21 de decembro dende as 9:00 h. TONIFICACIÓN

Martes 22 de decembro dende as 9:00 h. PILATES

Luns 28 de decembro dende as 9:00 h. TONIFICACIÓN

Martes 29 de decembro dende as 9:00 h. PILATES

Luns 4 de xaneiro dende as 9:00 h. TONIFICACIÓN

Xoves 7 de xaneiro dende as 9:00 h. ZUMBA

Venres 8 de xaneiro dende as 9:00 h. MANTEMENTO

Por outra banda o horario de apertura do Polideportivo continúa sendo o mesmo a excepción dos días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro que permanecerá PECHADO.

As clases de ADESTRADOR PERSOAL continúan baixo demanda.

 

 

 

 

 

 

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 11 de Decembro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 6 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre, con aforo máximo do 33%.

NOVA PROGRAMACIÓN

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES:

DATA DE COMENZO : 7/DECEMBRO/2020 EN ADIANTE

SERVIZO (PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES)

• PROGRAMA CLASES DIRIXIDAS PRESENCIAIS DE LUNS A SÁBADO.

• CLASES ONLINE EN ABERTO :

  • LUNS : TONIFICACIÓN
  • MARTES : PILATES
  • XOVES : ZUMBA
  • VENRES: MANTEMENTO

• BONOS DE BALDE ( MÁXIMO 2 MESES ) PARA O SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVA :
Administración Consello Municipal de Deportes (Luns a Sábado 8:00 a 14:00 h.)
Directamente técnicos Mouxión.



Convocatoria do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes

O Alcalde e Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de decembro para o vindeiro luns 14 de Decembro de 2020, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a renovación do contratos de suministro de material de limpeza, do contrato mixto de suministro de pellets e mantemento da caldeira de biomasa, do contrato de servizo de prevención de lexionelose.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 3 de Decembro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 4 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre.