DEPORTE ESCOLAR – ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS (3ª XORNADA)

Os días 9, 11 e 13 de marzo levarase a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a 3ª Xornada de Deporte Escolar «Encontros Multideportivos», incluída no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Dentro desta xornada realizaranse 5 modalidades de deporte; futsal, brilé, minibaloncesto, minibalonmán e fútbol gaélico, na que participarán os centros CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia, CEIP Virxe de Guadalupe Avión, CEIP Emilia Pardo Bazán Leiro, CEIP Quins-Melón e CEIP Carmen García Carrasco Cenlle.

ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN

Organizado pola ADE Arenteiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, terá lugar o vindeiro mércores 4 de marzo nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza a Xornada de Actividade de Orientación, actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Tomarán parte os seguintes centros de ensino: CEIP Plurilingüe Antonio Failde (Coles), CEIP Virxe da Saeta (San Cristovo de Cea), CEIP Vila do Arenteiro (O Carballiño), IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia) e IES Lagoa da Antela (Xinzo de Limia), cunha participación de 259 nen@s, nas categorías cadete e infantil. 

A xornada dará comezo ás 10:00 horas.

SENDEIRO AZUL – CAMIÑO FLUVIAL AVIA-MIÑO / SENDEIRO TERMAL E DE SAÚDE

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), entidade responsable da concesión das bandeiras azuis nas praias e os sendeiros azuis, ven de otorgar a categoría de sendeiro azul ao CAMIÑO FLUVIAL AVIA-MIÑO / SENDEIRO TERMAL E DE SAÚDE.

O proxecto presentado recupera o aportado no ano 2013 formando parte do CIRCUITO de ANDAINAS SAÚDABLES a incluir no Plan Galicia Saúdable.

O sendeiro galardoado vai dende A Veronza pola beira dereita do río seguindo o curso do río Avia ata A Barca, e sigue o curso do río Miño pola marxe dereita ata o río Brul no lugar chamado “Entre Ríos”.

Este percorrido de 3 km e 180 m pasa por unha serie de lugares de alto valor medioambiental e patrimonial, vencellado ao casto histórico de Ribadavia.

Para a concesión do galardón tiveronse en conta :

  • Usos educativos e práctica da actividade física saúdable

Dende o punto da practica de actividades físico-deportivas esta senda está considerada como un equipamento non convencional, con distintos usos:

A diario: camiñar, correr, bicicleta… etc.

Eventos: Forma parte do circuito  do “DÍA DA BICI”, “CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA” e  ANDAINAS SAUDABLES.

Outros: usuarios en xeral e turistas, acceso de propietarios a fincas…

  • Valor medioambiental

Flora: amieiros, freixos, bidueiros, salgueiros, sanguiños, xeofitos, fentos, silvas e otras invasoras como a árbore do ceo, mimosas, robinias e xuncos que é preciso controlar pola súa rapidez de crecemento e ocupación do hábitat doutras especies autóctonas.

Fauna: libélulas, cabaliños do demo, vacalouras, ráspatilongas, salamántigas, píntegas, noitebras, picanzosvermello, paporubios, pardais, papuxas, morcegoratoeiro, lontras, aguaneiras, cobras de colar, lagartos, sapos raxados,  escancers,  parrulos, garzas, teixugos,raposos… etc.

Peixes: Black bas, carpas, escalo, anguía, troita… etc.

  • Importancia cultural declarados, vencellados a presenza do sendeiro

Antiga Fábrica de Electricidade e Presa da VeronzaFábrica de Luz que estivo operativa entre finais do s.XIX e mediados do s.XX.

Ponte medieval (s.XIII-XVI-XIX-XX).

Convento de San Francisco.

Conxunto histórico de Ribadavia s.IX ata principios do s.XX.

Antigo matadeiro, inicios s.XX.

Ponte de Ferro, s.XIX.

Muiño da Raiña e casa do muiñeiros, s.XVIII-XIX.

Presa do Muiños, s.XVIII-XIX.

Conxunto histórico de Ribadavia – Muralla, s.XII-XVIII.

As Insuas: illote que divide as augas do Avia. Refuxio de flora e fauna.

Os Caneiros: construcións de pedra no río para a pesca de peixses, s.XII.

Foz: conxunto de casas e socalcos de viñedos na marxe esquerda.

Socalcos de viñedos marxe dereita.

50 posturas: 50 lugares nominados no río Miño onde os veciños de Francelos tiñan unha Pesqueira para a pesca de peixes e anguías.

Enlace Camiño antiguo á Cabrita, s.XII.

Enlace Camiño antiguo á Congostra do Trasgo, s.XII.

As Augas: manantial de augas minero medicinais nunha Carballeira.

A Riveira: conxunto de viñedos e hortas.

San Xés de Francelos – igrexa perrománica, s.VIII-XIX.

 

Ligazón para consultar a RELACIÓN DE SENDEROS AZULES GALARDONADOS – 2026 

O CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTA O PROGRAMA “ADESTRA A TÚA SAÚDE”

O Concello de Ribadavia reforza a súa aposta polo fomento da actividade física para mellorar a calidade de vida da poboación a través do programa “Adestra a túa saúde”.

O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación de dito programa, que está enmarcado dentro do Plan Galicia Saudable e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e que une ao Centro de Saúde de Ribadavia e ao Servizo Municipal de Deportes para mellorar a vida da nosa veciñanza maior, xa que pretende ser un proxecto de vida saudable e axudar así na prevención de enfermidades.

O PAC e o Servizo Municipal de Deportes están vinculados nunha plataforma, o que permite que os médicos de Atención Primaria deriven aos pacientes para que logo sexan atendidos polos técnicos deportivos, que tras a realizacion dunha batería de probas se lles deseña un plan de actividade física personalizado.

O programa, totalmente gratuíto, está dirixido á poboación de ao redor dos 60 anos, e ten unha duración de nove meses que se revisará cada catro, para avaliar a evolución da persoa.

O Concello de Ribadavia, é un dous poucos da provincia onde se está a levar a cabo, o cal se iniciou o pasado mes outubro e desde entón xa se sumaron á iniciativa 40 veciños e veciñas.

Ademais, desde o PAC de Ribadavia comezará a colaborar con este programa unha nutricionista, coa intención de axudar ás e aos pacientes neste proceso cara unha vida máis saudable.

 

CLUB CICLISTAS DO RIBEIRO, QUEDADA BTT

Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro, o 22 de Febreiro levarase a cabo unha nova «Quedada de BTT», esta vez coa «KEDADA – MTB POPULAR».

A ruta será con saída ás 9:30 horas dende o «Campo da Festa de Francelos», coa opción de saída ás 10:00 horas dende a «Veronza en Ribadavia».

O percorrido será a ruta Francelos – Leiro, cunha dificultade «fácil».

Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL (BENXAMÍN E ALEVÍN)

Os días 9 e 11 de Febreiro, disputáronse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Benxamín e Alevín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns

ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES DIRIXIDAS ADULTOS

𝗔𝗖𝗧𝗨𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 das Actividades Dirixidas de Adultos, os MARTES e XOVES pola MAÑÁ:

-09:30 𝗔𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗙𝗨𝗡𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟.
-10:30 𝗕𝗢𝗗𝗬 𝗕𝗔𝗟𝗔𝗡𝗖𝗘 (Disciplina grupal combinada de Pilates, Ioga, Tai chí…).

As actividades de mañá impartiranse no Centro Deportivo Municipal «O Consello«.

RIBADAVIA DÁ UN PASO ADIANTE NO DEPORTE MUNICIPAL

O Pleno aprobou o novo Regulamento de Instalacións Deportivas, adaptado á renovación das infrastruturas, ao tempo que se fan máis accesibles e totalmente dixitalizadas.

~Reservas e pagos en liña.
~Nova zona fitness no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
~Pavillón de Maquiáns totalmente renovado.
~Instalacións máis accesibles.
~Máis seguridade e protección de datos.

Un servizo máis moderno, áxil e pensado para toda a veciñanza. 

XOGANDO CO ATLETISMO FINAL COMARCAL 2026

Os días 9 e 11 de Febreiro, disputanse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Benxamín e Alevín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

As dúas xornadas celebraranse en horario de 11:00 a 13:30 horas, e serán clasificatorias para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE o vindeiro 12 de Marzo.

Nesta ligazón atoparás o Regulamento.

BAILE NO ENTROIDO 2026

O vindeiro mércores 11 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) e o venres 13 de Febreiro ás 17:00 horas (nenos e nenas) celebraráse o Entroido bailando. Exhibición no Ceip Plurilingüe de Ribadavia.

Traede os vosos disfraces…!!!