TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN

SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR – SELECCIÓN ABSOLUTA U.S.A.

Os Hispanos Junior impuxéronse á selección absoluta de Estados Unidos (27-23) no TORNEO INTERNACIONAL DE RIBADAVIA, como colofón á concentración da selección nacional dentro do programa de preparación para o Campionato de Europa de Eslovenia.

O encontró moi disputado dende o seu inicio ao descanso o resultado era de (16-12) favorable aos hispanos. Gran xornada de balonmán co “O Consello” ateigado de público.

A selección abandona Ribadavia logo do stage de preparación do 11 ao 17 de Marzo para continuar ca preparación que os levará no mes de Xullo a disputar o Campionato de Europa, onde terán como rivais a Francia, Suiza e Islas Feroe.

 

SEGUNDA XORNADA DOS ESCOLARES DE RIBADAVIA COS HISPANOS JUNIOR

Segunda xornada dos escolares cos xogadores da Selección, agora foi turno para os centros de ensino da comarca: CEIP GARCÍA CARRASCO DE CENLLE, CEIP PLURILINGÜE DE CORTEGADA, CEIP EMILIA PARDO BAZAN DE LEIRO, CEIP MELÓN-QUINS, CEIP PENA CORNEIRA DE CARBALLEDA DE AVIA E IES RIBADAVIA.

Xornada de promoción incluída dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte “COÑECE O BALONMAN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR”.
Os hispanos junior continuán cos adestramentos en sesión de mañá e serán no Polideportivo «O Consello», rematando o sábado co TORNEO INTERNACIONAL DE BALOMÁN enfrontándose a selección absoluta de Estados Unidos as 18:00 horas.

 

 

RECEPCIÓN OFICIAL DOS HISPANOS JUNIOR

Hoxe no Salón de Plenos do Concello a Selección Española Junior foi recibida polo Alcalde de Ribadavia D. César M. Fdez. Gil, o Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera e o Presidente a F. G. Balonmán D. Bruno López Molina.

A expedición foi agasallada por uns detalles entregados pola Federación Galega de Balonmán e por parte do Concello de Ribadavia duns estuches de viño doados pola adega Divino Rey.

Asistirán á recepción directivos do Rodosa Ribeiro Balonmán e os membros da Corporación do Concello de Ribadavia.

OS ESCOLARES DE RIBADAVIA COS HISPANOS JUNIOR

Máis de douscentos nenos e nenas dos centros de ensino de CPI PLURILINGÜE DE RIBADAVIA E CRA RIBADAVIA, disfrutaron da xornada de promoción incluida dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte “COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR”.

Os escolares puideron presenciar o adestramento de portas abertas dos seleccionados para despois na pista interactuar cos xogadores da selección asinando autógrafos e participando en xogos de iniciación ao balonmán.

O xoves dentro do mesmo programa poderán disfrutar da segunda xornada de portas abertas os escolares dos centros de ensino dos centros: CEIP GARCÍA CARRASCO DE CENLLE, CEIP PLURILINGÜE DE CORTEGADA, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN DE LEIRO, CEIP MELÓN-QUINS, CEIP PENA CORNEIRA DE CARBALLEDA DE AVIA E IES RIBADAVIA.

PISTA CENTRAL DO CDM O CONSELLO ABRE AS PORTAS AOS USUARIOS

Tras o remate e recepción da obra “REFORMA DA PISTA CENTRAL DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO” o 8 de Marzo do 2024, os usuarios xa puideron facer uso da mesma o sábado 9 de Marzo, estreandose ca celebración dos encontros de competición oficial do equipo senior do clube de baloncesto “IRMANDADE DEPORTIVA SARMIENTOS” e do equipo de categoría nacional do RODOSA RIBEIRO OURENSE PROVINCIA TERMAL.

A obra deu comenzo o 18 de Decembro do 2023 adxudicada á empresa MONDO IBERICA, S.A. por un importe de CENTO SESENTA E UN MIL CATROCENTOS TRINTA E SEIS CON TRINTA E CATRO EUROS (161.436,34 €). Obra subvenciónada pola Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de Ribadavia.

O vindeiro sábado 16 de Marzo esta prevista a inauguración oficial da obra cun encontro entre a Selección Española junior de Balonmán e a Selección Absoluta de U.S.A.

 

RIBADAVIA, SEDE DA PREPARACIÓN DOS HISPANOS JUNIOR E DUN ENCONTRO CONTRA U.S.A.

Ribadavia será a sede da preparación dos Hispanos Júnior de Balonmán cun encontro fronte a U.S.A.

O encontro fronte ao combinado absoluto de U.S.A. servirá para celebrar o acto inaugural da nova pista que o Concello de Ribadavia instalou no pavillón de «O Consello».

Ribadavia acollerá do 11 ao 17 de marzo a preparación do combinado nacional de balonmán, unha xeración que ven de proclamarse campioa do mundo e de Europa na categoría xuvenil. O equipo, dirixido polo actual adestrador do Club Cisne, Javier Fernández; contará no seu staff con máis acento galego: a técnica Carla Abad, o fisioterapeuta Mauro Montero e o médico Ángel Quirós, forman parte da expedición que se preparará de cara o vindeiro Campionato de Europa na vila ourensá.

Os irmáns Cikusa, Ian Barrufet, Alejandro Pisonero, Óscar Grau,..; son algúns dos nomes que de seguro lle soaran a moita xente por mor duns apelidos cheos de historia no mundo do balonmán; pero a maioría destas xoves promesas que completan a convocatoria de Javier Fenández e Alejandro Mozas, xa están a ter un papel importante nos primeiros equipos de clubs coma o FC Barcelona, Granollers, Atl. Valladolid, Ademar León, etc; nalgún caso coma o de Petar e Djordje Cikusa, chegaron a debutar co combinado nacional absoluto de Jordi Ribera.

A selección española permanecerá concentrada de luns a domingo en Ribadavia; os Hispanos terán o privilexio de estrear o novo pavimento que o concello instalou no pavillón O Consello, realizarán sesións en ximnasio e o sábado enfrontaranse ao combinado absoluto de U.S.A., unha selección que ven de disputar o último mundial e que ademais conta nas súas filas co galego Álex Chan, que goza da dobre nacionalidade. Álex, terá a oportunidade de xogar co combinado americano na súa terra e ante moitas das súas amizades que de seguro se achegarán a Ribadavia a alentar a desfrutar do espectáculo. O encontro celebrarase o sábado 16 ás 18:00 horas e a entrada será de balde; previo ao encontro realizarase o acto institucional de inauguración do novo pavimento.

O Concello de Ribadavia, a través do Consello Municipal de Deportes, organizará dous adestramentos de portas abertas nas mañás do martes 12 e do xoves 14, para que todos os escolares da zona poidan gozar da estancia dos Hispanos na vila. O mércores 13 ás 12:30, o Concello de Ribadavia realizará unha recepción oficial á expedición española na casa consistorial.

A chegada do combinado nacional júnior a Ribadavia supón o primeiro dunha serie de eventos internacionais que a Federación Galega de Balonmán promoveu en diferentes puntos da xeografía galega; xa que nos vindeiros meses, as Guerreras e os Hispanos estarán en O Porriño e Lalín respectivamente, para afrontar importantes encontros clasificatorios para o europeo e o mundial.

 

COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA HISPANOS JUNIOR

Con motivo da concentración da Selección Española Junior en Ribadavia, dende do 11 ao 17 de Marzo, para preparar o Campionato de Europa que se vai a celebrar en Eslovenia do 10 ao 21 de Xullo, a Agrupación D. Escolar O Ribeiro, dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, pon en marcha, en colaboración co Clube ADC Ribeiro, a actividade de promoción “COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA HISPANOS JUNIOR” dirixido a todos os Centros de Ensino da Comarca.

Para o que, a Dirección Técnica da Real Federación Española de Balonmán, facilita dous adestramentos de portas abertas os días martes 12 e xoves 14, en horario de mañá, para que os nenos e nenas poidan presenciar o adestramento da Selección Española, e ao remate baixar para realizar actividades de xogos na pista cos xogadores da selección, asemade de asinar autógrafos, facer fotografías… etc.

 

Ligazón Inscrición

 

XOGANDO AO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO AO ATLETISMO FASE COMARCAL (ALEVÍN E BENXAMÍN)

Os días 27 e 28 de Febreiro, disputáronse os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Alevín e Benxamín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns