Categoría: Eventos
DEPORTE ESCOLAR – PRESENTACIÓN PROGRAMA XOGADE CURSO 25/26
Convocado pola Delegación en Ourense da Secretaria Xeral para o Deporte, o coordinador provincial de deporte escolar, D. Carlos Bericat , presentou o Programa XOGADE para o curso 25/26 aos centros de ensino da comarca.
Iste ano a xuntanza , por mor das obras no Centro Deportivo Municipal O Consello, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ribadavia.
Anticipando que neste curso como remate levarase a cabo en EXPOURENSE a 2ª Edicións dos Xogos Deportivos SPORTOUR que se pretenda que sexa a últimos de maio.
A vindeira xuntanza terá lugar o xoves 8 de Outubro, convocada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro para elaborar o calendario de actividades par iste curso, ata o 30 de maio do 2026.

29º DÍA DA BICI
O vindeiro 28 de Setembro, levarase a cabo en Ribadavia o 29º DÍA DA BICI.
Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída.
O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.
A participación é libre, para todas as idades.
A inscrición será a traves de pressclub.laregion.es. Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta. Os restantes inscritos recibirán só unha mochila.
Para inscribirte no Día da Bici, pincha neste enlace, e a seguir pincha no botón “INICIA SESIÓN” situado na esquina superior dereita. Unha vez rexistrado, tes que poñer nome e apelidos, tfno, data de nacemento, dni e talla da camiseta.
Importante, activar a casilla no texto “He leído y entiendo la Politica de Privacidad y acepto la Política de Cookies…”
Finalmente pinchar en Participar. A seguir recibirás un email confirmando a inscrición.
Ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os participantes.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, +Deporte La Región e colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.

COMEZO DAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS
Deron comezo as actividades dirixidas incluídas no Programa municipal de Actividades físico-deportivas para o curso 25/26.
En horario de mañá impartiranse na pista central de CDM «O Consello», pola tarde as actividades lévanse a cabo do ximnasio de CEIP Plurilingüe Ribadavia. Nas mesmas poderán tomar parte os abonados inscritos ao Servizo Municipal de Deportes, dándose de alta no CDM «O Consello».
Tamén está aberto o prazo para solicitar praza na actividade infantil de «Escola de Baile» que dará comezo o 29 de Setembro en horario de tarde no ximnasio do CEIP Plurilingüe Ribadavia. A inscrición será nas oficinas do CDM «O Consello» ata o día 19 de setembro. Os criterios de adxudicación das prazas serán; 1º- Matriculados ou haber participado na actividade na tempada 24/25. 2º- Por riguroso orden de entrada/inscrición. O número máximo de prazas será de 15 nen@s/grupo. Unha vez cubertos os grupos, xenérase lista de espera.
A Sala de Musculación, instalada de xeito provisional, na planta 1ª do CDM «O Consello», está aberta de luns a venres para os abonados ao SMD en horario de mañá de 8:30 a 13:30 horas e en horario de tarde de 16:00 a 22:15 horas, así como o servizo de sauna.


HORARIO APERTURA AO PÚBLICO 25/26
Horario de apetura ao público no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Entrada en vigor o 15 setembro 2025
De LUNS a VENRES:
- MAÑÁ de 08:30 a 13:30 horas.
- SERÁN de 16:00 a 22:15 horas
SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS: Soamente para actividades de Competicións.
INSCRICIÓN ACTIVIDADE «ESCOLA DE BAILE» 25/26
29º DÍA DA BICI
O vindeiro 28 de Setembro, levarase a cabo en Ribadavia o 29º DÍA DA BICI.
Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída.
O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.
A participación é libre, para todas as idades.
A inscrición será a traves de pressclub.laregion.es. Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta. Os restantes inscritos recibirán só unha mochila.
Para inscribirte no Día da Bici, pincha neste enlace, e a seguir pincha no botón “INICIA SESIÓN” situado na esquina superior dereita. Unha vez rexistrado, tes que poñer nome e apelidos, tfno, data de nacemento, dni e talla da camiseta.
Importante, activar a casilla no texto “He leído y entiendo la Politica de Privacidad y acepto la Política de Cookies…”
Finalmente pinchar en Participar. A seguir recibirás un email confirmando a inscrición.
Ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os participantes.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, +Deporte La Región e colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.
RESULTADOS TORNEO BALONMÁN FESTAS DO PORTAL
O pasado 6 de setembro no Balonmán Torneo Festas Virxe do Portal; os resultados dos partidos foron os seguintes; Carnes doRibeiro contra Bm Porriño (xuvenil) 23 – 24 e Bm Ribeiro Rodosa Our. Prov. contra Bm Porriño (nacional) 29 – 24.
RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA FESTAS DO PORTAL
O pasado 4 e 5 de setembro no IV Torneo de Fútbol Sala Festas do Portal; os resultados dos partidos foron os seguintes; Ribeiro feminino contra o Balaídos F.C. 2 – 11, Ribeiro infantil contra Academia Futsal 2 – 7, Ribeiro cadete contra Academia Fultsal 4 – 4, Ribeiro xuvenil contra Academia Futsal 3 – 2, e Ribeiro masculino contra Academia Futsal 1 – 5.







RESULTADOS TORNEO TENIS FESTAS DO PORTAL
O luns 8 de setembro tivo lugar o peche do Torneo de tenis Festas do Portal, disputándonse as finais de todas as categorías, a excepción do Veteranas +45, o cal foi aprazado.
Os resultados foros os seguintes, na categoría Absoluto masculino, impusoxe Romeo Robleda 7-6(0) 3-6 e 14-12, a Jose A. García. Na categoría Absoluto femenino Elsa Corral foi a gañadora frente a María F. Crespo, por 6-4 6-1. Na categoría Veteranos +45 Jose A. García foi o gañador frente a Manuel Quiroga, por 6-0 6-1. E por último na categoría Infantil masculino o gañador foi Romeo Robleda, por retirada, frente a Izan Novoa, 7-5 4-3.





