Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 24 de MARZO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor as 00:00 horas do 26 de Marzo de 2021 e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA

A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA NON FEDERADA:

A práctica da actividade física edeportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultáneasexan ou non conviventessen contar, de ser o caso, o monitor.

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoassexan ou non conviventese sen contar o monitorsen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

A obriga de uso de máscara será esixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

PARQUES E ZONAS DEPORTIVAS DE USO PÚBLICO AO AIRE LIBRE:

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skateoues¬pazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA FEDERADA:

  1. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómicoadestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
  2. As competiciónsdeportivas federadas de nivel nacionale os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  4.  No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:
    a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicosou probas similares cada 14 días naturais.
    b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participaren nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.
  5. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.
  6. As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.
  7. A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.
  8. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.
  9. As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar».

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO:

A celebración de competicións deportivas con público e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao airelibre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida,con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente.

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no resto das instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, mesmo no caso de que se manteña a distancia de seguridade interpersoal nos termos previstos nas medidas hixiénico sanitarias.

Nas butacas ou asentos preasignados, as persoas asistentes non poderán quitar a máscara.
Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de polo menos 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con productos debidamente autorizados e rexistrados.

 

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes Ribadavia

Publicado no DOGA do 17 de MARZO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor as 00:00 horas do 18 de Marzo de 2021 e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN BAIXA

A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA NON FEDERADA:

A práctica da actividade física edeportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

A obriga de uso de máscara será esixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

PARQUES E ZONAS DEPORTIVAS DE USO PÚBLICO AO AIRE LIBRE:

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skateoues¬pazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA FEDERADA:

1. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
2. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
4. No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:
a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicosou probas similares cada 14 días naturais.
b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participaren nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.
5. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.
6. As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.
7. A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.
8. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.
9. As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar».

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO:

A celebración de competicións deportivas con público e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao airelibre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida,con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente.

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no resto das instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, mesmo no caso de que se manteña a distancia de seguridade interpersoal nos termos previstos nas medidas hixiénico sanitarias.

Nas butacas ou asentos preasignados, as persoas asistentes non poderán quitar a máscara.
Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de polo menos 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con productos debidamente autorizados e rexistrados.

 

Na seguinte ligazón podes atopar o DOGA 17 Marzo 2021

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 25 de FEBREIRO de 2021 as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas que entraran en vigor as 00:00 horas do 26 de Febreiro de 2021 e que afectan ao concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva:

 

A práctica da actividade física e deportiva NON FEDERADA:

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma indi­vidual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de catro persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade in­terpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo.

Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da ca­pacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

 

Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre:

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou es­pazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

 

A práctica da actividade física e deportiva FEDERADA:

  1. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
  2. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformi­dade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformi­dade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Au­tónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

  1. Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán rea­lizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.
  2. A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para par­ticiparen nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias auto­nómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que re­sulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

 

Competicións deportivas CON PÚBLICO

  1. A celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocen­tas persoas se se trata de actividades ao aire libre.
  2. Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circu­lación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa ante­lación suficiente.

VOLTA Á ACTIVIDADE FÍSICA DO DEPORTE NON FEDERADO DOS CENTROS DEPORTIVOS

Despois da reanudación da práctica deportiva deportiva federada autonómica e a actividade físico-deportiva non federada individual en espazos ao aire libre, á espera da publicación no DOGA, volta a actividade non federada así como a apertura dos Centros Deportivos ao público en xeral.

 

Achegamos a oferta físico-deportiva municipal prevista dende o luns 1/Marzo/2021:

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS 2020/21

  1. CLASES PRESENCIAIS:

 

  1. CLASES ONLINE (YOUTUBE):

 

  1. SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL: BONOS DE 5 SESIÓNS SEMANAIS DE BALDE + ENTREVISTA PERSOAL/CONTROL E AVALIACIÓN DE OBXECTIVOS E NIVEL DA CONDICIÓN FÍSICA INICIAL.

 

  1. USO LIBRE DAS INSTALACIÓNS (ABOADOS, ALUGUEIRO… ETC.).

O CONGRESO DECLARA O DEPORTE «ACTIVIDADE ESENCIAL»

O Congreso dos Deputados declarou o deporte «actividade esencial», grazas ao acordo alcanzado entre os Grupos Socialista e Popular da Cámara Baixa.

 

O pasado mes de xaneiro, o Grupo Popular presentou unha Proposición Non de Lei (PNL) co fin de obter a declaración do deporte e a actividade física como «actividade esencial» tras a crise provocada polo coronavirus. No devandito documento, constátase que «a práctica regular da actividade e exercicio físico supón un beneficio enorme en todas as dimensións da nosa vida diaria, sendo os seus efectos sobre a saúde e o benestar físico e mental os máis atractivos, mesmo con niveis de práctica reducida». Así mesmo, subliña que «a promoción e a práctica da actividade deportiva e o exercicio físico pode diminuír o risco de infección, así como a probabilidade de hospitalización».

 

A emenda transaccional á PNL do Grupo Popular exposta a raíz do acordo co Grupo Socialista foi debatida na Comisión de Cultura e Deporte do Congreso dos Deputados, que a aprobou con 25 votos a favor e 12 abstencións.

 
Na seguinte ligazón podes atopar máis información
 
 

SUBVENCIÓNS A CLUBES E SOCIEDADES ANÓNIMAS DEPORTIVAS DA XUNTA DE GALICIA

No DOGA do 17 de Febreiro de 2021, foi publicada a Convocatoria de Subvencións a Clubes e Sociedades Anónimas Deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e  para implementación das medidas de seguridades a consecuencia da COVID-19. O prazo de presentación sera de un mes.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria recollida no DOGA 17/Febreiro/2021

 

 

Guía Simplificada das Medidas Preventivas fronte ao Covid-19 para o Deporte Galego

A Secretaría Xeral para o Deporte elabora unha Guía Simplificada das Medidas Preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego.

Ao final desta guía ven anexado un Modelo de Certificado para desprazamentos a adestramentos ou competicións de ámbito federado.

Na seguinte ligazón podes descargar a Guía Simplificada das Medidas Preventivas

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 15 de FEBREIRO de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Medidas que entraran en vigor as 00:00 horas do 17 de Febreiro de 2021.

  • A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA NON FEDERADA

So podera realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre , de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización da máscara.

  • A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA FEDERADA

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, e os deportistas participantes e demais persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e ás limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno nos casos en que exista causa xustificada.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seusadestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seusadestramentos desenvolveranse sen público de acordoco establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicosou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

CONVOCATORIA DE SUVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

Publicado no DOGA, do 5 de Febreiro de 2021, polo que a Secretaria Xeral para o Deporte ven de convocar as subvención para adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).

Poderán acceder a esta subvención os Clubes, Sociedades Anónimas Deportivas e Federacións Deportivas Galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Na seguinte ligazón podes ver o DOGA 5/Febreiro/2021