CPTO. GALEGO INFANTIL E COPA CADETE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado sábado 8 de marzo, celebrouse en Santiago de Compostela o “Cpto Galego Infantil e Copa Cadete” no Pavillón Municipal de Santa Isabel.

Cabe destacar e felicitar ao Club Mizukami polos resultados obtidos en dito Campionato, que son os seguintes:

 

Campións galegos:

-Simón Rodríguez Armada en kata xuvenil masculino.

-Fabio Alen Bejarano en Kumite infantil masculino máis de 45 kilos.

-Marco Pórtela González en Kumite infantil masculino menos de 30 kilos.

-Ariadna Alen Bejarano en Kumite alevín feminino máis de 32 kilos.

Subcampeóns:

-Simón Rodríguez Armada en Kumite xuvenil masculino menos de 36 kilos.

-Aldara Rojo Neira en Kumite xuvenil feminino menos de 37 kilos.

Bronces de:

-Leire Casas Martina en Kumite infantil feminino máis de 42 kilos.

-Andre Barreiro Bernardez en Kumite infantil masculino menos de 40 kilos.

 

Estos resultados colocan ao Club Mizukami Escuela de Karate Shotokan, no cuarto posto do medalleiro autonómico.

XOGANDO CO ATLETISMO PROVINCIAL

O 25 de febreiro, celebrouse o Campionato Provincial na pista de atletismo cuberta de Expourense no que tomaron parte varios centros clasificados da agrupación O Ribeiro, logo dos comarcais celebrados o 11 de febreiro (categoría alevín) e o 13 de febreiro (categoría benxamín).

Tomaron parte os seguintes centros:

-CPI RIBADAVIA, CEIP QUINS E CEIP PENA CORNEIRA (Agrupación O Ribeiro).

-CEIP SAN AMARO (Agrupación Arenteiro).

-CPR DIVINA PASTORA, CEIP JULIO GURRIARÁN, CEIP MANUEL RESPINO E CPR PABLO VI A RÚA (Agrupación Valdeorras).

-CEIP OTERO PEDRAIO (Amoeiro).

-CEIP XUVENCOS (Boborás).

-CEIP TERRAS DE MASIDE.

 

 

ENCONTROS DE ESCOLIÑAS – MINIBALONMÁN

Coa participación do CDC Ribeiro, C. Escola Balonmán e C. Balonmán Miño celebrouse o pasado sábado 15 de febreiro, a 1ª Xornada do Encontros de Escoliñas nos Concellos, neste caso na modalidade Minibalonmán. Actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboración dos concellos e coordinado pola entidade CDC Ribeiro Balonmán.

Disputáronse varios encontros ao longo da maña co seguinte calendario:

10:00 Benxamíns: Rebusca46 – Librería Goyma

10:45 Benxamíns: Rebusca46 – Esc. Club BM Miño

10:45 Babies : ADC Ribeiro – C. Escola Balonmán

11:30 Benxamíns: Librería Goyma – Esc. Club BM Miño

Ao remate os participantes recibiron medallas conmemorativas do evento, que foron entregadas polo Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera.

A seguinte Xornada a celebrar será en Marzo na modalidade de Karate.

 

ENCONTRO DE ESCOLIÑAS DEPUTACIÓN – MINIBALONMÁN

O sábado 15 de febreiro, da comezo o programa de convivencia de entidades deportivas de concellos da provincia de Ourense, integradas por nenos e nenas entre 3 e 14 anos aprox., coa modalidade deportiva Encontro Escoliñas Minibalonmán

Levarase a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», co seguinte calendario e horario:

10:00 Benxamíns: Rebusca46 – Librería Goyma

10:45 Benxamíns: Rebusca46 – Esc. Club BM Miño

10:45 Babies: CDC Ribeiro – C. Escola Balonmán

11:30 Benxamíns: Librería Goyma – Esc. Club BM Miño

 

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL (ALEVÍN E BENXAMÍN)

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro, disputáronse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Alevín e Benxamín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO FINAL COMARCAL 2025

Dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 25 de Febreiro nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.

As dúas xornadas celebraranse os días 11 e 13 de Febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 horas.

 

Nesta ligazón atoparás o Regulamento.