A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), entidade responsable da concesión das bandeiras azuis nas praias e os sendeiros azuis, ven de otorgar a categoría de sendeiro azul ao CAMIÑO FLUVIAL AVIA-MIÑO / SENDEIRO TERMAL E DE SAÚDE.
O proxecto presentado recupera o aportado no ano 2013 formando parte do CIRCUITO de ANDAINAS SAÚDABLES a incluir no Plan Galicia Saúdable.
O sendeiro galardoado vai dende A Veronza pola beira dereita do río seguindo o curso do río Avia ata A Barca, e sigue o curso do río Miño pola marxe dereita ata o río Brul no lugar chamado “Entre Ríos”.
Este percorrido de 3 km e 180 m pasa por unha serie de lugares de alto valor medioambiental e patrimonial, vencellado ao casto histórico de Ribadavia.
Para a concesión do galardón tiveronse en conta :
- Usos educativos e práctica da actividade física saúdable
Dende o punto da practica de actividades físico-deportivas esta senda está considerada como un equipamento non convencional, con distintos usos:
A diario: camiñar, correr, bicicleta… etc.
Eventos: Forma parte do circuito do “DÍA DA BICI”, “CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA” e ANDAINAS SAUDABLES.
Outros: usuarios en xeral e turistas, acceso de propietarios a fincas…
Flora: amieiros, freixos, bidueiros, salgueiros, sanguiños, xeofitos, fentos, silvas e otras invasoras como a árbore do ceo, mimosas, robinias e xuncos que é preciso controlar pola súa rapidez de crecemento e ocupación do hábitat doutras especies autóctonas.
Fauna: libélulas, cabaliños do demo, vacalouras, ráspatilongas, salamántigas, píntegas, noitebras, picanzosvermello, paporubios, pardais, papuxas, morcegoratoeiro, lontras, aguaneiras, cobras de colar, lagartos, sapos raxados, escancers, parrulos, garzas, teixugos,raposos… etc.
Peixes: Black bas, carpas, escalo, anguía, troita… etc.
- Importancia cultural declarados, vencellados a presenza do sendeiro
Antiga Fábrica de Electricidade e Presa da Veronza – Fábrica de Luz que estivo operativa entre finais do s.XIX e mediados do s.XX.
Ponte medieval (s.XIII-XVI-XIX-XX).
Convento de San Francisco.
Conxunto histórico de Ribadavia s.IX ata principios do s.XX.
Antigo matadeiro, inicios s.XX.
Ponte de Ferro, s.XIX.
Muiño da Raiña e casa do muiñeiros, s.XVIII-XIX.
Presa do Muiños, s.XVIII-XIX.
Conxunto histórico de Ribadavia – Muralla, s.XII-XVIII.
As Insuas: illote que divide as augas do Avia. Refuxio de flora e fauna.
Os Caneiros: construcións de pedra no río para a pesca de peixses, s.XII.
Foz: conxunto de casas e socalcos de viñedos na marxe esquerda.
Socalcos de viñedos marxe dereita.
50 posturas: 50 lugares nominados no río Miño onde os veciños de Francelos tiñan unha Pesqueira para a pesca de peixes e anguías.
Enlace Camiño antiguo á Cabrita, s.XII.
Enlace Camiño antiguo á Congostra do Trasgo, s.XII.
As Augas: manantial de augas minero medicinais nunha Carballeira.
A Riveira: conxunto de viñedos e hortas.
San Xés de Francelos – igrexa perrománica, s.VIII-XIX.
Ligazón para consultar a RELACIÓN DE SENDEROS AZULES GALARDONADOS – 2026
