Autor: smd ribadavia
HORARIO VERÁN 2025 – CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO
A partires do 2 de xuño entra en vigor o Horario de Verán 2025 no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Sábados, Domingos e festivos; PECHADO. Horario base que poderá mudar en función de actividades puntuais e convenios con entidades deportivas.
APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS TEMPADA 25/26
Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño ábrese o prazo para que todas as entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 25/26 para actividade de adestramentos e competicións poidan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.
PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas.
O Consello Municipal de Deportes, aténdose aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactará o horario definitivo que entrará en vigor o 1 de Outubro.
Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro , formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso, ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.
RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS
Remata a Actividade Recreos Activos/Patios Dinámicos (Outubro do 2024 a Maio do 2025) dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA do Concello de Ribadavia e do PLAN PROXECTA (CP INNOVA) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, actividade coordinada entre o Servizo Municipal de Deportes e os Departamentos de Educación Fisica dos centros CPI Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer. Agradecer as entidades ADC Ribeiro e Club Karate Mizukami e á Federación Galega de Tenis e de Bádminton, a aportación de técnicos responsables do desenvolvemento da mesma.
O Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos conxuntamente cos proxectos Plataforma DAFIS e Dinamización da vida activa e deportiva, que se levaron adiante ao longo diste curso continuarán o curso 25/26.

CONVOCATORIA PROGRAMA EBICI DA XUNTA
Desde a Xunta de Galicia, lanzouse unha nova convocatoria de axudas dentro do programa EBici, cuxo obxectivo é promover a mobilidade sostible na nosa comunidade.
Este programa ofrece subvencións para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, co fin de fomentar unha mobilidade máis ecolóxica e accesible.
As solicitudes están abertas ata o 13 de novembro de 2026 ou ata esgotar os fondos dispoñibles.
Podedes pinchar nesta ligazón para máis información.
INFORMACIÓN ACTIVIDADES DIRIXIDAS
CURSO DE NATACIÓN 2025 – NEN@S ADMITID@S XULLO E AGOSTO
Faise público a relación de admitid@s para os meses de Xullo e Agosto.
Tod@s @s admitid@s, teñen de prazo dende o 2 ata o 6 de xuño para facer reserva definitiva da praza para o que deberán formalizar o aboamento da matrícula, según o prezo público aprobado na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021.
Para o que deberán descargar a autoliquidación da web www.deportesribadavia.es, enviala ao email smd@ribadavia.es ou entregala presencialmente nas oficinas do Centro Deportivo Municipal «O Consello». O pago será domiciliado, polo que a autoliquidación entregarase vía email ou presencialmente nas oficinas, en ningún caso se entregará no banco.

Nesta ligazón podes descargar a autoliquidación.
8ª SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – MINIBALONMÁN

VIII SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – XOGOS DEPORTIVOS
Os días 22, 23 e 24 de maio, celebrarase en Expourense o «8º Salón do Deporte e Turismo Activo (Xogos Deportivos)».