Autor: smd ribadavia
TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN
SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR – SELECCIÓN ABSOLUTA U.S.A.
Os Hispanos Junior impuxéronse á selección absoluta de Estados Unidos (27-23) no TORNEO INTERNACIONAL DE RIBADAVIA, como colofón á concentración da selección nacional dentro do programa de preparación para o Campionato de Europa de Eslovenia.
O encontró moi disputado dende o seu inicio ao descanso o resultado era de (16-12) favorable aos hispanos. Gran xornada de balonmán co “O Consello” ateigado de público.
A selección abandona Ribadavia logo do stage de preparación do 11 ao 17 de Marzo para continuar ca preparación que os levará no mes de Xullo a disputar o Campionato de Europa, onde terán como rivais a Francia, Suiza e Islas Feroe.
















CLUB CICLISTAS DO RIBEIRO, QUEDADAS BTT
Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro o 29 de Marzo e o 13 de Abril, dan comezo as «Quedadas de BTT».
O percorrido da primeira será: Ribadavia-Ourense-Leiro, e a segunda: San Cristovo-Leiro-San Cristovo.


SEGUNDA XORNADA DOS ESCOLARES DE RIBADAVIA COS HISPANOS JUNIOR
Segunda xornada dos escolares cos xogadores da Selección, agora foi turno para os centros de ensino da comarca: CEIP GARCÍA CARRASCO DE CENLLE, CEIP PLURILINGÜE DE CORTEGADA, CEIP EMILIA PARDO BAZAN DE LEIRO, CEIP MELÓN-QUINS, CEIP PENA CORNEIRA DE CARBALLEDA DE AVIA E IES RIBADAVIA.
Xornada de promoción incluída dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte “COÑECE O BALONMAN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR”.
Os hispanos junior continuán cos adestramentos en sesión de mañá e serán no Polideportivo «O Consello», rematando o sábado co TORNEO INTERNACIONAL DE BALOMÁN enfrontándose a selección absoluta de Estados Unidos as 18:00 horas.








RECEPCIÓN OFICIAL DOS HISPANOS JUNIOR
Hoxe no Salón de Plenos do Concello a Selección Española Junior foi recibida polo Alcalde de Ribadavia D. César M. Fdez. Gil, o Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera e o Presidente a F. G. Balonmán D. Bruno López Molina.
A expedición foi agasallada por uns detalles entregados pola Federación Galega de Balonmán e por parte do Concello de Ribadavia duns estuches de viño doados pola adega Divino Rey.
Asistirán á recepción directivos do Rodosa Ribeiro Balonmán e os membros da Corporación do Concello de Ribadavia.





EXHIBICIÓN NENOS E NENAS «BAILE MODERNO»
O vindeiro Domingo 17 de Marzo, ás 11:30 horas, os nenos e nenas de «Baile Moderno», realizarán unha exhibición na pista do Pavillón «O Consello».
Entrada de balde e para todos os públicos.
OS ESCOLARES DE RIBADAVIA COS HISPANOS JUNIOR
Máis de douscentos nenos e nenas dos centros de ensino de CPI PLURILINGÜE DE RIBADAVIA E CRA RIBADAVIA, disfrutaron da xornada de promoción incluida dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte “COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR”.
Os escolares puideron presenciar o adestramento de portas abertas dos seleccionados para despois na pista interactuar cos xogadores da selección asinando autógrafos e participando en xogos de iniciación ao balonmán.
O xoves dentro do mesmo programa poderán disfrutar da segunda xornada de portas abertas os escolares dos centros de ensino dos centros: CEIP GARCÍA CARRASCO DE CENLLE, CEIP PLURILINGÜE DE CORTEGADA, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN DE LEIRO, CEIP MELÓN-QUINS, CEIP PENA CORNEIRA DE CARBALLEDA DE AVIA E IES RIBADAVIA.




PISTA CENTRAL DO CDM O CONSELLO ABRE AS PORTAS AOS USUARIOS
Tras o remate e recepción da obra “REFORMA DA PISTA CENTRAL DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO” o 8 de Marzo do 2024, os usuarios xa puideron facer uso da mesma o sábado 9 de Marzo, estreandose ca celebración dos encontros de competición oficial do equipo senior do clube de baloncesto “IRMANDADE DEPORTIVA SARMIENTOS” e do equipo de categoría nacional do RODOSA RIBEIRO OURENSE PROVINCIA TERMAL.
A obra deu comenzo o 18 de Decembro do 2023 adxudicada á empresa MONDO IBERICA, S.A. por un importe de CENTO SESENTA E UN MIL CATROCENTOS TRINTA E SEIS CON TRINTA E CATRO EUROS (161.436,34 €). Obra subvenciónada pola Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de Ribadavia.
O vindeiro sábado 16 de Marzo esta prevista a inauguración oficial da obra cun encontro entre a Selección Española junior de Balonmán e a Selección Absoluta de U.S.A.










RIBADAVIA, SEDE DA PREPARACIÓN DOS HISPANOS JUNIOR E DUN ENCONTRO CONTRA U.S.A.
Ribadavia será a sede da preparación dos Hispanos Júnior de Balonmán cun encontro fronte a U.S.A.
O encontro fronte ao combinado absoluto de U.S.A. servirá para celebrar o acto inaugural da nova pista que o Concello de Ribadavia instalou no pavillón de «O Consello».
Ribadavia acollerá do 11 ao 17 de marzo a preparación do combinado nacional de balonmán, unha xeración que ven de proclamarse campioa do mundo e de Europa na categoría xuvenil. O equipo, dirixido polo actual adestrador do Club Cisne, Javier Fernández; contará no seu staff con máis acento galego: a técnica Carla Abad, o fisioterapeuta Mauro Montero e o médico Ángel Quirós, forman parte da expedición que se preparará de cara o vindeiro Campionato de Europa na vila ourensá.
Os irmáns Cikusa, Ian Barrufet, Alejandro Pisonero, Óscar Grau,..; son algúns dos nomes que de seguro lle soaran a moita xente por mor duns apelidos cheos de historia no mundo do balonmán; pero a maioría destas xoves promesas que completan a convocatoria de Javier Fenández e Alejandro Mozas, xa están a ter un papel importante nos primeiros equipos de clubs coma o FC Barcelona, Granollers, Atl. Valladolid, Ademar León, etc; nalgún caso coma o de Petar e Djordje Cikusa, chegaron a debutar co combinado nacional absoluto de Jordi Ribera.
A selección española permanecerá concentrada de luns a domingo en Ribadavia; os Hispanos terán o privilexio de estrear o novo pavimento que o concello instalou no pavillón O Consello, realizarán sesións en ximnasio e o sábado enfrontaranse ao combinado absoluto de U.S.A., unha selección que ven de disputar o último mundial e que ademais conta nas súas filas co galego Álex Chan, que goza da dobre nacionalidade. Álex, terá a oportunidade de xogar co combinado americano na súa terra e ante moitas das súas amizades que de seguro se achegarán a Ribadavia a alentar a desfrutar do espectáculo. O encontro celebrarase o sábado 16 ás 18:00 horas e a entrada será de balde; previo ao encontro realizarase o acto institucional de inauguración do novo pavimento.
O Concello de Ribadavia, a través do Consello Municipal de Deportes, organizará dous adestramentos de portas abertas nas mañás do martes 12 e do xoves 14, para que todos os escolares da zona poidan gozar da estancia dos Hispanos na vila. O mércores 13 ás 12:30, o Concello de Ribadavia realizará unha recepción oficial á expedición española na casa consistorial.
A chegada do combinado nacional júnior a Ribadavia supón o primeiro dunha serie de eventos internacionais que a Federación Galega de Balonmán promoveu en diferentes puntos da xeografía galega; xa que nos vindeiros meses, as Guerreras e os Hispanos estarán en O Porriño e Lalín respectivamente, para afrontar importantes encontros clasificatorios para o europeo e o mundial.
COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA HISPANOS JUNIOR
Con motivo da concentración da Selección Española Junior en Ribadavia, dende do 11 ao 17 de Marzo, para preparar o Campionato de Europa que se vai a celebrar en Eslovenia do 10 ao 21 de Xullo, a Agrupación D. Escolar O Ribeiro, dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, pon en marcha, en colaboración co Clube ADC Ribeiro, a actividade de promoción “COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA HISPANOS JUNIOR” dirixido a todos os Centros de Ensino da Comarca.
Para o que, a Dirección Técnica da Real Federación Española de Balonmán, facilita dous adestramentos de portas abertas os días martes 12 e xoves 14, en horario de mañá, para que os nenos e nenas poidan presenciar o adestramento da Selección Española, e ao remate baixar para realizar actividades de xogos na pista cos xogadores da selección, asemade de asinar autógrafos, facer fotografías… etc.
Ligazón Inscrición
