XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL (ALEVÍN E BENXAMÍN)

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro, disputáronse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Alevín e Benxamín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO FINAL COMARCAL 2025

Dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 25 de Febreiro nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.

As dúas xornadas celebraranse os días 11 e 13 de Febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 horas.

 

Nesta ligazón atoparás o Regulamento.

DEPORTE ESCOLAR – COMARCAL DE BÁDMINTON

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 24/25, organiza o 21 de xaneiro do 2025 (Categoría Alevín) e o 23 de xaneiro do 2025 (Categoría Benxamín) a fase comarcal na modalidade bádminton, que se vai a celebrar no Pavillón Municipal Maquiáns nas categorías benxamín e alevín, na que van a tomar parte os seguintes centros de ensino cun total de 124 participantes en categoría alevín e 80 en categoría benxamín.

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO
CEIP SAN SALVADOR DE ARNOIA
CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA
CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA
CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

A actividade dará comezo ás 10:30 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.

RECREOS ACTIVOS – PATIOS DINÁMICOS

O 13 de xaneiro, voltamos ca actividade recreos activos-patios dinámicos nos centros CPI Ribadavia e CRA Amencer. Como novidade para este trimestre, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, os venres estará no CPI unha monitora desta modalidade, dando a coñecer esta disciplina, e máis en concreto, o pickleball, modalidade adaptada que combina elementos do tenis, pádel, badminton e tenis de mesa.

Ademais dentro do programa, todos os días de luns a venres coincidindo co horario de recreo, continúan os técnicos aportados polos clubes nas modalidades de balonmán, karate e baile moderno.

 

CLASES DE BAILE

O 1 de febreiro iniciamos en Ribadavia as Clases de Baile que impartirá o instrutor federado Juan Fernández.

Os sábados, no Centro Deportivo Municipal «O Consello»:
🔸16:00 – Bailes de Verbena (maiores de 50 anos)
🔸17:00 – Bachata Iniciación (maiores de 16 anos)
🔸18:00 – Salsa Iniciación (maiores de 16 anos)
🔸19:00 – Salsa e Bachata (nivel intermedio)

Prezos:
1️⃣ curso – 25€/mes
2️⃣ cursos – 45€/mes
3️⃣ cursos – 55€/mes

Inscricións:
-Concello de Ribadavia
-Pavillón Municipal O Consello
-667295336 (whatsapp)

AMPLIACIÓN E REFORMA DA PLANTA BAIXA DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Hoxe nas instalación do C.D.M. O Consello , ca presenza do Conselleiro de Presidencia . D. Diego Calvo Pouso, a directora xeral de administración local Dna. Natalia Prieto Viso , a directora territorial de Ourense Dna.Beatriz Fernandez Fernandez o alcalde de Ribadavia e membros da Corporación, a presentación do proxecto de reforma da planta Baixa de mencionada instalación
O proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia e a Excma. Deputación de Ourense con un importe de licitación que ascende a 1.287.275, 25 euros que deberá estar licitado no primeiro trimestre do 2025 , tendo un prazo de execución de 7 meses .
O contido do proxecto presentado polo director do Servizo Municipal de Deportes D. José Manuel Pérez Otero vai a consistir en dotar ao centro deportivo das seguintes dependencias :