XORNADA DE PROMOCIÓN DEPORTE DE ORIENTACIÓN

O 30 de Abril nas instalacións de O Complexo Deportivo Municipal «O Xestal» e Área Recreativa «A Veronza», levouse a cabo a Xornada de Promoción ao Deporte de Orientación, incluída dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Nesta xornada lúdica, déronse cita un total de 300 nen@s en idades de 11/12 anos (6º Educación Primaria), pertencentes aos centros CEIP RIBADAVIA, CEIP O IRIXO, VILA ARENTEIRO, SAGRADO CORAZÓN, SAN PÍO X, CEIP SEIXALBO, RUXIDOIRO, CURROS ENRIQUEZ, VISTAHERMOSA e IRMÁNS VILLAR. 

A xornada deu comezo as 10:00 horas para rematar as 13:00 horas.

 

CLUB CICLISTAS DO RIBEIRO, QUEDADA BTT

Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro o 27 de Abril levarase a cabo unha nova «Quedada de BTT», esta vez coa «KEDADA – ENDURO RIBEIRO».

A ruta será con saída ás 9:00 horas dende «Castelo dos Sarmiento»,  e o percorrido será o da VIII BTT do Ribeiro, cunha dificultade «media-alta» e unha distancia total de 34 km. e un desnivel de 1000 metros.  

Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com

BÁDMINTON COMARCAL CLASIFICACIÓN – INFANTIL E CADETE

Nas instalacións do pavillón municipal Maquiáns, celebrouse o pasado venres 11 de abril o Bádminton comarcal nas categorías infantil e cadete, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia/Consello Municipal de Deportes. 

Na actividade, que deu comezo ás 10:00 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas, competiron un total de 90 participantes. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.

Nesta ligazón atoparás a Clasificación

 

 

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL 2025

Esta vindeira fin de semana, o clube de karate Mizukami, desprázase ata Logroño cos catro campións galegos: Simón Rodríguez Armada, Fabio Alen Bejarano, Marco Pórtela González e Ariadna Alen Bejarano como parte da Selección Galega de Karate, xunto co adestrador e Coach nacional Juan Manuel Pazos Martínez. Para Fabio é a súa quinta participación nun campionato de España, para Simón é a cuarta e para Marco e Ari é a primeira

Desexámoslles a todos eles o millor neste campionato, e moita sorte.

ENCONTROS DE ESCOLIÑAS – KARATE

Mais de 150 nen@s pertencentes aos clubes River Stone de O Barco, Karate club Maceda, Karate Club Shark de A Rúa, Escola de Karate de Xinzo e Club Karate Mizukami de Ribadavia como organizador do evento tomaron parte o domingo no 2º Encontró de Escoliñas actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboración dos Concellos .

A actividade desenvolveuse en horario de tarde dende as 16:00 h. ata as 19:30 horas. Ao remate todos os participantes recibiron medallas conmemorativas do evento.

A 3ª xornada a celebrar será 13 de abril co Encontro de Escoliñas de Minibalonmán.

 

 

CLÍNIC SEMANA SANTA FUNDACIÓN CELTA 2025

Os vindeiros días 14, 15 e 16 de abril, levarase a cabo no Complexo Deportivo O Xestal – Novo Sintético (Ribadavia) o Clínic Semana Santa Fundación Celta 2025.

Esta formación futbolística está dirixida a nenos/nenas entre 4 e 16 anos, para que disfruten do seu deporte favorito, adestrando según la metodología da canteira del RC CELTA, o equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional. Tamén haberá agasallos e sorteos de pezas deportivas da Fundación Celta.

Nesta actividade poderanse satifacer diferentes necesidades:

  • Nenos/as que buscan levar a cabo unha actividade física ao aire libre e en contacto con outros/as nenos/as.
  • Nenos/as que queren vivir a súa primeira experiencia practicando fútbol, xa sexa porque practican habitualmente outros deportes ou porque non practican ningún.
  • Nenos/as que xogan ao fútbol e buscan reforzar as súas habilidades futbolísticas (técnicas, tácticas e condicionais).
  • Nenos/as cunhas condicións futbolísticas óptimas que queren ser observados por técnicos das categorías inferiores do RC Celta.

O clinic está diseñado e pensado para dar cabida a nenos/as coas diferentes expectativas citadas e que todos eles as poidan cumprir. Ao mesmo tempo todas as tarefas e contidos teñen as súas adaptacións para que tanto os nenos/as de menor edad como os máis maiores satisfagan as súas necesidades.

Xa están abertas as inscricións. As prazas son limitadas.

Info e inscricións: ligazón rccelta.es

ENCONTRO DE ESCOLIÑAS DEPUTACIÓN – KARATE

O vindeiro 23 de marzo terá lugar o segundo Encontro de Escoliñas da Deputación a celebrar en Ribadavia, no que tomarán parte todos os clubs de karate da provincia: River Stone de O Barco, Karate Club Maceda, Escola de Karate de Xinzo, A Rúa Karate Club Shark e Club Karate Mizukami de Ribadavia como organizador do evento. 

Actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboura dos Concellos.

A actividade dará comezo ás 16:00 h. na que participarán en torno a 200 nen@s de 4 a 14 anos. Ao remate todos os participantes recibirán medallas conmemorativas do evento.

A seguinte xornada a celebrar será 13 de abril na modalidade de Minibalonmán.

DESFIBRILADORES EXTERNOS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

As instalacións deportivas municipais xa se atopan dotadas de Esfibriladores externos seguindo as recomendacións do Decreto 38/2017 publicado no DOGA do 10 de Abril do 2017, ao colocar estes aparellos no Pavillón Municipal Maquiáns e no Complexo Deportivo Municipal O Xestal, que xunto co que xa se atopaba colocado dende o 2018 no Centro Deportivo Municipal O Consello, veñen a dar cobertura a todas as instalacións deportivas municipais. Polo que estas instalacións pasan a ser espazos cardioprotexidos saúdables.
 
Caracteristicas dos equipos:
Desfibriladores semiautomáticos externos: producto sanitario destinado a analizar o ritmo cardíaco, identificar as arritmias mortais tributarias de desfibrilación e administrar unha descarga eléctrica coa finalidade de restablecer o ritmo cardíaco viable con altos niveis de seguridade. Así mismo, os de nova instalación levan incorporado un novo sistema pediátrico para actuar con nen@s de menos de 8 anos aplicando a descarga axeitada.
Os equipos están dados de alta no rexistro de desfibriladores externos da Xunta de Galicia.