O 13 de xaneiro, voltamos ca actividade recreos activos-patios dinámicos nos centros CPI Ribadavia e CRA Amencer. Como novidade para este trimestre, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, os venres estará no CPI unha monitora desta modalidade, dando a coñecer esta disciplina, e máis en concreto, o pickleball, modalidade adaptada que combina elementos do tenis, pádel, badminton e tenis de mesa.
Ademais dentro do programa, todos os días de luns a venres coincidindo co horario de recreo, continúan os técnicos aportados polos clubes nas modalidades de balonmán, karate e baile moderno.