APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

O LUNS, 18/XUÑO/2024 ESTÁ PREVISTA A APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA.

HORARIOS :

MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.

TARDE/SERÁN: 16:30 h. a 20:45 h.

ACCESO :

Poden solicitarse tanto os ABONOS da toda a tempada, como as ENTRADAS de DIARIO a través da WEB www.deportesribadavia.es.

ACCESO E RESERVAS :

  • A TRAVÉS DA WEB www.deportesribadavia.es: CONDICIÓNS DA RESERVA:
    • A TRAVÉS DA WEB PODEN SACAR OS ABONOS E AS ENTRADAS de DIARIO.
    • NO CONTROL DE ACCESOS PODERÁ SOLICITARSE A PRESENTACIÓN DO DNI PARA A SÚA COMPROBACIÓN.
  • DIRECTAMENTE NA TAQUILLA DA INSTALACIÓN (PISCINA MUNICIPAL) PÓDENSE SACAR AS ENTRADAS DE DIARIO, NOS HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO.

 

NORMAS XERAIS :

O AFORO SERÁ DUN MÁXIMO DE 244 PERSOAS NA QUENDA DE MAÑÁ E O MESMO NA QUENDA DE SERÁN.

DENTROS DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.

ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.

RECOMÉNDASE USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PES DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).

PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.

PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.

PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO Á PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.

PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS, SALVO CANS GUÍA.

PROHIBIDO COMER E BEBER NAS AREAS DE PRAIA.

PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.

PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO.

 

CURSO DE NATACIÓN :

O CURSO DE NATACIÓN DARÁ COMENZO O LUNS, 1/XULLO  EN HORARIO DE MAÑÁ (11:00 A 14:30 HORAS).

RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS CURSO 23/24

Remata a Actividade Recreos Activos/Patios Dinámicos (16 de Outubro do 2023 ao 30 de Maio do 2024) incluídos dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA do Concello de Ribadavia e do PLAN PROXECTA (CP INNOVA) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, actividade coordinada entre o Servizo Municipal de Deportes e os Departamentos de Educación Fisica dos centros CPI Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer. Agradecer as entidades ADC Ribeiro e Club Karate Mizukami a aportación de técnicos responsables do desenvolvemento da mesma.

O Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos conxuntamente cos proxectos Plataforma DAFIS e Dinamización da vida activa e deportiva, que se levaron adiante ao longo diste curso continuarán o curso 24/25.

GALA FIN DE CURSO

A «GALA FIN DE CURSO» celebrarase o domingo 2 de Xuño ás 11:00 horas na pista central do Pavillón O Consello.

Gala onde actuarán os nenos e nenas que asisten á actividade de «Baile Moderno»e tamén bailarán os usuarios que acuden ás clases de «Zumba».

Entrada de balde e para todos os públicos.

IV XORNADA DA LIGA GALEGA DE KARATE

O sábado 11 de maio, celebrouse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a cuarta Xornada da Liga Galega de Karate da tempada 2023/24, cun total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubes de toda Galicia, que competiron nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes eran Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete, e participaron os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.

 

 

XORNADA DE ORIENTACIÓN E MULTIXOGO

O 8 de Maio nas instalacións de O Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», levouse a cabo a Xornada de Orientación para as categorías cadete/infantil e a Xornada Multixogo para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Con esta xornada danse por rematadas as fases comarcais en todas as modalidades incluídas no programa XOGADE.

Nesta ligazón podes consultar os RESULTADOS de dita xornada.

 

ABONOS TEMPADA 2024 – PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2024
ABONOS TEMPADA


Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2024.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para a tempada 2024:

  • Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premer en RESERVAS/PISCINA, e ir a opción mercar abonos tempada.
  • Tamén poden descargar o impreso de pago domiciliado da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “AUTOLIQUIDACIÓN”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

TAXAS POR USOS DE ID :

CURSO DE NATACIÓN 2024

CURSO DE NATACIÓN 2024

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA

 

NÚMERO DE PRAZAS :  Máximo 80.

IDADE : 4 ANOS en adiante.

DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1 de Xullo ao 30 de Agosto.

HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

 

PROCEDEMENTO E PRAZOS :

SOLICITUDE DE PRAZAAta o 15 de Maio (ás 14:00 horas).

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : 27 de Maio ao 31 de Maio.

RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : 3 de Xuño ao 7 de Xuño.

GRUPOS E HORARIOS : 12 de Xuño.

 

PREZO PÚBLICO :

 

CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :

1º   EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.

2º  ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).

3º  MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2023).

 

Os interesados poden CUBRIR a solicitude dende este enlace SOLICITUDE PRAZA CURSO NATACIÓNou ben recollela directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h. ou descargar impreso en formato pdf neste ENLACE e presentalo nas oficinas.

Deberán facer a Solicitude «Reserva de Praza Natación» antes das 14:00 horas do día 15 de Maio.

COMARCAL DE ORIENTACIÓN E XORNADA MULTIXOGO

O 8 de Maio nas instalacións de O Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», levarase a cabo a Xornada de Orientación para as categorías cadete/infantil e a Xornada Multixogo para as categorias prebenxamín, benxamín e alevín, incluídas dentro do programa XOGADE .

Con esta xornada darase por rematadas as fases comarcais en todas as modalidades incluídas no programa XOGADE para o curso 22/23.

Nesta ligazón podes consultar maís Información e Instruccións.

Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de Abril para o vindeiro luns 22 de Abril de 2024, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación, si procede, do borrador da acta da convocatoria ordinaria de 14 Febreiro 2024, a toma de posesión como membro do Consello Reitor, en calidade de vogal, de Cristian Rguez. Vieitez en representación do Clube Ciclistas Do Ribeiro, aprobación, si procede, do horario de verán de apertura ao público das instalacións deportivas municipais, aprobación do contrato de servizo de máquinas expendedoras nas I.D.M. a ROFERVENDING, SL., aprovación, si procede, do contrato de servizo de control hixiénico-sanitario da Piscina Municipal «A Veronza» ao Laboratorio ADUNATUR de Ourense, SL, aprobación, si procede, do contrato mixto de servizo de asesoramento e suministro de productos e materiais para tratamento de auga da piscina municipal «A Veronza» a LINCOLD IBERICA, SL, para a tempada 2024, aprobación, si procede, das taxas de matriculación no curso de Natación 2024, aprobación, si procede, do plan director de subvencións a entidades deportivas para o 2024.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria