PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 23/24

O luns, 11 de Setembro do 2023, dará comenzo o programa de actividades físico-deportivas para o curso 23/24, promovido polo Consello Municipal de Deportes.

De luns a sábado, en horario de mañás e serán, ofértanse distintas actividades dirixidas por técnicos especialistas:

  • ACTIVIDADES ADULTOS.- Continúa a oferta do curso pasado con vinte horas semanais de actividades dirixidas.
  • OFERTA INFANTIL.- Asemade da oferta de Escolas Deportivas (iniciación e perfeccionamento) promovidas polos clubes, orientadas ao deporte de competición, neste curso ofertarase a actividade de Baile Moderno como actividade de carácter non competitivo.
  • SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL.- O servizo de Adestrador Persoal con reserva previa. REQUISITOS: estar dados de alta como abonados ao servizo municipal de deportes.

PLAN RIBADAVIA ACTIVA:

En coordinación co Dpto. de E.F. do CEIP Ribadavia e da Fundación Deporte Galego dende o mes de Outubro botarán a andar os proxectos presentados dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA:

1.     PROXECTO DAFIS

2.     PROXECTO RECREOS ACTIVOS/PATIOS DINAMICOS

3.     PROXECTO MELLORA DA CONDICION FISICA PARA A SAÚDE

4.     PROXECTO DINAMIZACIÓN DA VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Proxectos, nesta primeira fase, destinados á poboación infantil.

 

LIGAZÓN: PROGRAMA DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 

DEPORTES NAS FESTAS DO PORTAL

Durante as Festas do Portal celebraranse as seguintes actividades deportivas:
 
XUNTANZA MINIBASKET FESTAS DO PORTAL
Xoves, 7 de setembro ás 17:00 horas nos Xardinillos.
Idades 2012-2017. 
 
III TORNEO TENIS FESTAS DO PORTAL
8, 9 e 10 de setembro, no Complexo Deportivo O Xestal.
 
II TORNEO INTERNACIONAL FESTAS DO PORTAL FÚTBOL SALA
(senior femenino, senior masculino, xuvenil e cadete).
Participarán no Torneo: Ribeiro do Avia, C.F. Balaidos, Secundino Basalo, F.S. Gaiola, Concello de Coles F.S.
9 de setembro no Pavillón O Consello ás 16:00 horas.
 
MINI BALONMÁN FESTAS DO PORTAL
9 de setembro na Picuxa. De 10:00 ata ás 13:00 horas.
Nenas e nenos de 6 a 14 anos.

HORARIOS PARA A TEMPADA 23/24 NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Na Xunta de Goberno Local celebrada o 28 de Agosto do 2023 acórdase, entre outros, o horario definitivo cedido ás entidades deportivas para a vindeira tempada 23/24. Afecta ás Instalacións Deportivas Municipais dependentes do Consello Municipal de Deportes: Centro Deportivo Municipal O Consello, Pavillón Municipal Maquiáns e Complexo Deportivo Municipal O Xestal.

 

HORARIOS DE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 23/24

Na Xunta de Goberno Local celebrada o luns 8 de Agosto do 2023 foi aprobado o horario provisional para uso das Instalacións Deportivas Municipais para a tempada 2023/2024, por parte das entidades solicitantes.
 
O horario é de aplicación en todas as instalacións municipais (Centro Deportivo Municipal O Consello, Pavillón Municipal Maquiáns e Complexo Deportivo Municipal O Xestal) dende o día seguinte da súa aprobación na Xunta de Goberno Local.
 
ALEGACIÓNS.- As entidades disporán de dez (10) días naturais para presentar alegacións.
 
Nesta ligazón atópase o Acordo Xunta de Goberno Local

GRUPOS NATACIÓN AGOSTO

O martes, 1 de Agosto, dará comezo o CURSO DE NATACIÓN 2023 cos GRUPOS DE AGOSTO.
 
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:
 
GRUPO 1º: 11:15 a 12:00 horas
GRUPO 2º: 12:15 a 13:00 horas
GRUPO 3º: 13:15 a 14:00 horas
 

GRUPOS NATACIÓN AGOSTO

 
ALUMNO GRUPO
MARCELA RIONEGRO MOJON 2
GINA ROJO ORTIZ 1
NOE ROJO ORTIZ 1
ABRIL ROJO ORTIZ 1
CLARA ESCUDERO GIRALDEZ 2
JEZRO SOTELO FREIRIA 3
IRIA GONZALEZ ARAUJO 2
LUCIA VAZQUEZ GONZALEZ 1
CARLA RODRIGUEZ GONZALEZ 1
UXIA RODRIGUEZ GONZALEZ 3
EMMA VILLANUEVA FUENTES 1
ANIK RENEE RGUEZ. MIGUEZ 2
MARCOS CORBACHO DOCAMPO 1
MATEO CORBACHO DOCAMPO 2
EDDIE FERNANDEZ RODRIGUEZ 3
VICTOR LOPEZ PEREIRO 3
VALENTINA RODRIGUEZ SUAREZ 2
KARLA RAÑA SOUTO 3
ABEL GONZALEZ GOMEZ 1
ALEJANDRA MACHADO VILLANUEVA 3
FABIO ALEN BEJARANO 2
ARIADNA ALEN BEJARANO 2
MARCO PORTELA GONZALEZ 1
THIAGO FRANCISCO PEREZ 3
GAIA BARROSO VILLAR 2
IRENE PUENTES NOVOA 3
MATHIAS SANTIAGO ROLDAN BANDE 2
XIANA SAGRERA POUSA 1
GISELLE VICENTE RODRIGUEZ 1
CAMILA JADE GLEZ. RGUEZ. 1
FIDEL ALEX. GONZALEZ RODRIGUEZ 3
SOPHIA ALEXANDRA PRIETO LOPEZ 2
BRAIS TRAVIESO LORENZO 1
ANTIA TRAVIESO LORENZO 1
CARLA VISO REGUEIRO 3
LEDICIA ARAMI TRAVIESO ZAYAS 2
CARMEN FERNANDEZ SANTAMª 2
OLIVER PEREZ GOMEZ 3
LENA SOTELO VARELA 1
XACOBE SOTELO VARELA 1
BRAIS TABOADA GOMEZ 3
 

ENCERADO DA PISTA CENTRAL EN O CONSELLO

Foron executados os traballos que se levan a cabo anualmente na pista central de O Consello, para mellorar as prestacións do pavimento da pista central de parquet (1300 m2).

Os traballos consistentes na: 

Limpeza do parquet.

Decapado.

Encerado.

ORZAMENTO.- Dous mil trescentos euros (2300 €).

V CAMPUS RIBADAVIA ATL.

Durante a pasada semana nas instalacións do NOVO SINTÉTICO do Complexo Deportivo Municipal O Xestal, levouse a cabo o IV CAMPUS de fútbol promovido pola entidade Ribadavia Atl.
Tomaron parte nen@s de categorias: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, de luns a venres, clausurándose o venres cunha xornada lúdica ao remate da mesma, onde se fixo a entrega de diplomas aos participantes polos técnicos responsables da actividade e polo Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera.