COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA HISPANOS JUNIOR

Con motivo da concentración da Selección Española Junior en Ribadavia, dende do 11 ao 17 de Marzo, para preparar o Campionato de Europa que se vai a celebrar en Eslovenia do 10 ao 21 de Xullo, a Agrupación D. Escolar O Ribeiro, dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, pon en marcha, en colaboración co Clube ADC Ribeiro, a actividade de promoción “COÑECE O BALONMÁN CA SELECCIÓN ESPAÑOLA HISPANOS JUNIOR” dirixido a todos os Centros de Ensino da Comarca.

Para o que, a Dirección Técnica da Real Federación Española de Balonmán, facilita dous adestramentos de portas abertas os días martes 12 e xoves 14, en horario de mañá, para que os nenos e nenas poidan presenciar o adestramento da Selección Española, e ao remate baixar para realizar actividades de xogos na pista cos xogadores da selección, asemade de asinar autógrafos, facer fotografías… etc.

 

Ligazón Inscrición

 

XOGANDO AO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO AO ATLETISMO FASE COMARCAL (ALEVÍN E BENXAMÍN)

Os días 27 e 28 de Febreiro, disputáronse os comarcais na modalidade «XOGANDO AO ATLETISMO», nas categorías Alevín e Benxamín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns

 

CLÍNIC SEMANA SANTA FUNDACIÓN CELTA 2024

Os vindeiros días 25, 26 e 27 de marzo, levarase a cabo no Campo O Xestal (Ribadavia) o Clínic Semana Santa Fundación Celta 2024.

Esta formación futbolística está dirixida a nenos/nenas entre 6 e 14 anos, para que disfruten do seu deporte favorito, adestrando según la metodología da canteira del RC CELTA, o equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional. Tamén haberá agasallos e sorteos de pezas deportivas da Fundación Celta.

Nesta actividade poderanse satifacer diferentes necesidades:

  • Nenos/as que buscan levar a cabo unha actividade física ao aire libre e en contacto con outros/as nenos/as.
  • Nenos/as que queren vivir a súa primeira experiencia practicando fútbol, xa sexa porque practican habitualmente outros deportes ou porque non practican ningún.
  • Nenos/as que xogan ao fútbol e buscan reforzar as súas habilidades futbolísticas (técnicas, tácticas e condicionais).
  • Nenos/as cunhas condicións futbolísticas óptimas que queren ser observados por técnicos das categorías inferiores do RC Celta.

O clinic está diseñado e pensado para dar cabida a nenos/as coas diferentes expectativas citadas e que todos eles as poidan cumprir. Ao mesmo tempo todas as tarefas e contidos teñen as súas adaptacións para que tanto os nenos/as de menor edad como os máis maiores satisfagan as súas necesidades.

Xa están abertas as inscricións ata o venres 22 de marzo ás 12:00 horas. As prazas son limitadas.

Info e inscricións: ligazón rccelta.es

O GRAN CAMIÑO

«O Gran Camiño» naceu coa intención de que todas as miradas do ciclismo internacional apuntaran a Galicia a finais de febreiro. Unha proba que xunta, de maneira maxestuosa, o deporte de máximo nivel coa difusión dun dos territorios máis fermosos do mundo, onde todo aquel que o descoñecera, quedaría marabillado polas increíbles paraxes polos que discurre a proba.
O sábado 24 celebrarase a terceira etapa, denominada «Vía Camiño da Prata», desprazándose ata a provincia de Ourense e percorrendo unha vintena de municipios. Unha etapa con saída en Xinzo de Limia e meta en Ribadavia (Castelo dos Condes de Sarmiento) sobre das 17:30 horas aproximadamente.

Para ver o vídeo, pincha nesta ligazón ou imaxe.

Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de Febreiro para o vindeiro luns 14 de Febreiro de 2024, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación, si procede, do borrador da acta da convocatoria ordinaria de 5 Decembro 2023, a renovación, si procede, do contrato menor de suministro de material de limpeza para instalacións deportivas dependentes do CMD (C.D.M. O Consello , P. Municipal Maquiáns, Piscina M. A Veronza e Complexo D. M. O Xestal) á empresa IRAGO S.A., a renovación, si procede, do contrato menor de servizo de control e prevención da lexionelose nas instalacións deportivas dependentes do CMD. (C.D.M. O Consello , P. Municipal Maquiáns e Complexo D.M. O Xestal) á empresa INSADES S.L., e na dación de contas: sección orzamentaria propia do Consello Municipal de Deportes para o exercicio 2024, logo da aprobación definitiva do Orzamento Xeral do Concello (BOP,26/Xaneiro/2024), e estado da reforma da pista central do C. D. M. O Consello.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

XOGANDO AO ATLETISMO

CATEGORÍAS ALEVÍN E BENXAMÍN

Organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, vanse disputar os comarcais na modalidade “XOGANDO AO ATLETISMO”:

27/Febreiro CATEGORÍA ALEVÍN
29/Febreiro CATEGORÍA BENXAMÍN

Na que tomarán parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

Ligazón Regulamento

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR

Campionato organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Servizo Provincial en Ourense en colaboración co Concello de Ribadavia, a Agrupación Deportiva Escolar «O Ribeiro» e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Ourense, é o colofón á tempada de cros escolar que se veu desenrolando en todas as agrupacións deportivas escolares zonais de Galicia.

 

Ligazón RESULTADOS

III CROSS VILA DE RIBADAVIA

O domingo 7 de Xaneiro, no CIRCUITO A VERONZA/Complexo Deportivo Municipal O Xestal, vaise celebrar a terceira edición do Cross Vila de Ribadavia no que estará en disputa o Cpto. Xunta de Galicia individual e de clubs nas categorías SUB-16, SUB-18, SUB-20, SUB-23 e ABSOLUTO clasificatorios para o Cpto. de España que se disputará en Xetafe (Madrid) o 28 de Xaneiro.

Casi setecentos atletas representando a mais de cuarenta clubs de toda Galicia daranse cita no circuito da Veronza nos seguintes horarios de competición:

O evento organizado polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes co control técnico da Federación Galega de Atletismo.

No día de hoxe tivo lugar en Ridadavia a presentación do Cpto. que contou ca presenza do alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gíl, así como a do Vicepresidente da FGA, Lalo Gómez.

Durante a presentación destacaríanse, ademáis de aspectos técnicos, a importante tradición do concello en acoller probas autónomicas de campo a través, sumando con esta, un total de seis edicións (2011, 2016, 2017,2018 e 2021), destacando en todas elas a excelente organización resultaría en todas elas. Para este ano, novamente o Concello de Ribadavia está a dispor de todos cantos medios están da súa man para facer da gran cita invernal galega un novo éxito organizativo, sendo un dos elementos máis salientables a excelente adecuación do circuíto de A Veronza, ubicado nunha espectacular contorna paisaxística en pleno paseo fluvial xuntoao río Avia.

Ca disputa deste Campionato de Galicia de Campo a Través, inaugúrase unha nova tempada atlética que ven marcada sen lugar a dúbidas, pola importante cita olímpica de París 2024 no vindeiro verán.

No que atinxe a este campionato, contarase con preto de setecentos atletas entre os que destacada a presenza dos campións galegos absolutos da edición pasada en Xinzo, Laura Santos do Playas de Castellón e Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural. Xunto aos lucenses estarán pelexando tanto polo título como polas medallas, os internacionais El Mehdi El Nabaoui que debuta cas cores do Atletismo Santiago, ou Inés Docampo do ADAS CUPA quen xunto a Isabel Caeiro da Gimnástica, forman un dos grupos de internacionais participantes máis destacados deste campionato. Antonio Serrat do Celta e o independente medallista de bronce o ano pasado Jorge Puig, serán outros dos participantes que teñan moito que decir no circuíto de A Veronza.

No resto de categorías contaremos ca presenza da internacional e plusmarquista de España Xela Martínez, que parte como clara favorita na categoría feminina Sub20. Outras das grandes apostas do atletismo galego de futuro, Sabela Castelo da Gimnnástica na categoría Sub16 e Alex Sierpes do Atletismo Tregana Sub18, convertiránse nuns dos grandes atractivos e alicientes nesta edición.

En canto ao resto de participantes estaremos moi pendentes dos campións galegos Sub18 do ano pasado, Leyla Villar do Ourense Atletismo e Lucas García do Ría de Foz, quenes parten co obxectivo de repetir os excelentes resultados da pasada edición. Gabriel Losada da Gándara, Iván Rego e Carla Díaz doLucus Caixa Rural, Ainhoa Gotándo S.D. Compostela Atletismo e Yago Ignacio García do C.A. Santiago, completan a relación de atletas destacados nesta cita.

Este campionato contará co engadido de ser selectivo para formar parte da Selección Galega que tomará parte no Campionato de España de Campo a Través do vindeiro 28 de xaneiro en Xetafe.

Ligazón: Regulamento, Circuito e Inscricións

 

FINAL PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

Organizado polo Servizo Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Escolar O Ribeiro, ca colaboura do Concello de Ribadavia, no CIRCUITO A VERONZA do COMPLEXO MUNICIPAL O XESTAL, disputaron o sábado 16 de Decembro, o Campionato Provincial de Campo A Través Escolar nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Proba clasificatoria para o Cpto. Galego que se disputará o 13 de Xaneiro do 2024 no CIRCUITO A VERONZA (RIBADAVIA).

Centros clasificados das fases comarcais que tomaron parte no Cpto. Provincial:

 

Ligazón clasificación